Con motivo da conmemoración das Letras Galegas, son moitas as actividades que se están a levar a cabo nas diferentes titorías do colexio.
Neste mural colectivo, que se colocou na entrada do centro, puxemos unha mostra das caricaturas de Francisco Fernández del Riego que fixo o alumnado de 1º, 2º e 4º EP, acompañadas dun traballo aportado por cada titoría do centro, que recolle un elemento da nosa cultura ao que o escritor lle dedicou unhas palabras, que reproducimos ao lado do debuxo correspondente (o hórreo de Carnota, a torre de Hércules, a gaita galega...). En quinto e sexto de EP reproduciron as portadas dalgúns dos libros máis famosos do autor homenaxeado.
Deixámosvos aquí algúns dos traballos realizados polo noso alumnado.