BENEFICIARIOS
ALUMNADO QUE O VINDEIRO CURSO 2023-2024 CURSE DE1º A 6º DE PRIMARIA
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:
alumnado matriculado en 1º e 2º de Primaria.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:
alumnado matriculado en educación Primaria.
O alumnado de 5º e 6º (E_Dixgal) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto pero PODERÁ SOLICITAR A AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR cando reúnan os requisitos establecidos na Orde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 20 de Maio ao 21 de Xuño
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
ANEXO I (Solicitude)
ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
Podes descargar os Anexos no seguinte enlace:
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
IMPORTANTE:
TODAS AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE ASINADAS PARA QUE TEÑAN VALIDEZ.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.