Un Planeta para todos!

Semana das Letras Galegas

Durante a Semana das Letras Galegas poidemos disfrutar da visita de Montserrat Varela, Mar Guerra, Lobato e un grupo de teatro da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos (ASCM) Dende aquí, queremos darlles as grazas por visitarnos e facernos pasar un bo rato, sen dúbida souberon transmitirnos o valor dos libros.

Preme na imaxe para ver algunha fotografía deste momento

 

 

 

O atletismo

 

Semana do Libro

A semana do 19 ao 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro.

Dende o equipo da bilioteca organizamos un xogo de investigación vencellado ca arte. 

Os nenos e as nenas de educación infantil  tiveron que atopar determinados contos a partir de imaxes das súas personaxes.

Para os rapaces e rapazas de educación primaria, preparáronse varias fichas de artistas (pintores, ilustradores, arquitectos, escultores, músicos) e que se colocaron nunhas mesas moi modernistas. Ao entrar na biblioteca tiveron que respostar a unha serie de preguntas vencellas con eses artistas.

Para ver o ben que o pasamos como investigadores da arte e dos libros  mira as fotos premendo aquí.

 

O regreso ao mundo dos contos

Hoxe, algunha personaxe escapou do seu conto para vir facernos unha visita ao cole. Incrible!

Por sorte, os nenos e as nenas de 5 anos A víronas e convencéronas para que voltasen ao seu marabilloso mundo: ao mundo dos contos. Parécevos imposible? Pois ollade os video que nos prepararon!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Personaxes dos contos

 

 

Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca, organizamos un xogo de investigación mediante pistas.

O traballo dos nenos e das nenas de educación infantil foi atopar determinados libros a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole)  os máis pequenos poideron xogar con este libro LIM no que tamén están as personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!

Para ver o xogo a pantalla completa preme no cadrado da parte superior dereita da imaxe. 

Comparticontos

A celebración do Día do Libro  Infantil no cole foi todo un éxito. Os rapaces e rapazas do terceiro ciclo contáronlles e escenificaron contos para os nenos e nenas de infantil, que estaban cos ollos abertos coma pratos vendo aos seus compañeiros convertidos en contacontos.

Tódolos mestres estamos moi orgullosos do traballo feito polo alumnado, pois a súa participación  e entrega foi sorprendente. Parabéns rapaces!!

Preme aquí para ver as fotos de tan máxico momento.

 

Visita de An Alfaya

A Semana Do Libro estase achegando e, para ir abrindo boca, veunos visitar a escritora An Alfaya.

Coma sempre, conseguiu  contaxiarnos a súa ilusión polos libros invitándonos a imaxinar, a crear historias e a disfrutar da lectura COS CINCO SENTIDOS.

Ollade algún momento desta sesión premendo aquí.

Exposición fotográfica

Os nenos e as nenas de 5 anos B estiveron na Lúa! Vós tamén queredes? Pois, non dubidedes en visitar a exposición fotográfica que temos no cole ata o 13 de abril sobre O Universo.

Crea arte

Aquí tedes algún enlace para crear arte dende o ordenador, preme nas imaxes para poder velos

 Xogo para crear retratos como o pintor Pablo Ruiz Picasso

 

Powered by Drupal - Design by artinet