Comparticontos

A celebración do Día do Libro  Infantil no cole foi todo un éxito. Os rapaces e rapazas do terceiro ciclo contáronlles e escenificaron contos para os nenos e nenas de infantil, que estaban cos ollos abertos coma pratos vendo aos seus compañeiros convertidos en contacontos.

Tódolos mestres estamos moi orgullosos do traballo feito polo alumnado, pois a súa participación  e entrega foi sorprendente. Parabéns rapaces!!

Preme aquí para ver as fotos de tan máxico momento.

 

Powered by Drupal - Design by artinet