Entroido 2011

 A quen pertencen estes disfraces???

Preme na imaxe e poderalo descubrir!!!!!


 

Xogamos cos disfraces

Está chegando o entroido!!!!!

 

Comeza o tempo das orellas, das filloas, do cocido...comeza o tempo do entroido!!!

Temos un Peliqueiro no cole que nos vai mandar traer algunha "vestimenta especial" durante esta semana. Estade ben atentos e non lle perdades ollo!!

Pombiña que escribes...

Este ano construimos o noso propio muro da PAZ, cargado de boas accións e desexos. Preme aquí para ver algunha foto do momento

sentímolo, flash non está dispoñible.

Contacontos

Preme aquí para ver máis imaxes

Os contacontos  que nos mandou Kalandraka,resultaron moi do agrado dos pequenos  de infantil,  tamén aos titores nos gustou,porque sempre nos dan ideas novas... que tanto precisamos todos!!!

O LIBRO VIAXEIRO DO 1º CICLO

Un ano máis tras os éxitos acadados...

 

Con motivo da profesión de escritor/a e ilustrador/a, os nenos e nenas do 1º ciclo van facer un libro titulado O NOSO LIBRO VIAXEIRO onde cada un fará unha poesía adicada a un tema relacionado con Galicia, xa que este ano o eixe vertebrador do centro, como xa todos e todas sabedes, é “Galicia, toda unha tradición”  e para a súa ilustración poderá empregar a técnica que elixa, a que máis lle guste ( collage, debuxo, recortes, fotografías...)

         Como xa sabedes o de  viaxeiro vai polo de ir de casa en casa para facer esta profesión de poeta /poetisa e ilustrador/a axudados, como ata agora, pola insustituible colaboración das vosas familias. Cada neno/a terá tres días para facer o seu poema  e ilustralo, claro está. Rematado ese prazo traerá de novo o libro viaxeiro para que o leve outro compañeiro/a e así sucesivamente ata que o fagan os fantásticos alumnos e alumnas destas clases. Así que debemos coidalo moito para non estropealo nin manchalo e telo sempre metidiño, cando non se estea a traballar, na carpeta que vai con el.

         Cada poema non pode ocupar máis dunha páxina polo dous lados.

         Así ao remate desta actividade terán un libro feito por eles mesmos, escrito e ilustrado , un gran mérito profesional, que é iso o que se pretende.

        Para axudarse a escribir no folio en blanco pode facer de dúas maneiras:

  •   Facer unhas raias moi suaves a lapis para guiarse ( que logo borrará) 
  •   Escribir nun papel raiado e logo pegalo no libro viaxeiro 

         Eles e elas xa saben que hai que ser curiosos e perfeccionistas na presentación, canto mellor me saia mellor para todos!

         E senón mirade como son os libros que compramos ou nos regalan!

Estamos seguros que o noso libro viaxeiro será un novo éxito. 

 

                                                                  Un saúdo e moitas grazas

Os titores

img880.jpg

O ENTROIDO NO PRIMEIRO CICLO

OS NENOS E NENAS DO 1º CICLO IMOS A IR DE CASTREXOS/AS E PARA ISO ELABORAMOS UNHA PEQUENA UNIDADE PARA SABER UN POUCO MÁIS SOBRE A SÚA VIDA, COSTUMES...

PARA VELA PINCHA AQUÍ

O Apalpador no cole

O Apalpador estivo no cole!! Graciñas á ANPA por chamalo e pedirlle que viñese, encantáronnos os agasallos que nos trouxo!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O MERCADO DE 1º

Os nenos e nenas de 1º de Primaria somos un pouquiño competentes, despois de desenvolver un proxecto titulado "O MERCADO" que se queredes curiosear podedes pinchar no seguinte enlace:

http://rosa-alumnosprimaria.blogspot.com/

 

Agardamos que vos guste tanto como a nós nos gustou facelo !

MERCADO-BLOG.PNG

Recomendámosche...

 

 

 

Nestas vacacións de inverno 2010-2011 temos dezanove días, hai tempo para todo. Atoparemos algún anaquiño de tempo para dedicarlle á lectura?

Estas recomendacións van para todos, en especial, para os que aínda non se "fascinaron" coa lectura e non comprobaron como se disfruta lendo.Tamén é unha  recomendación para aqueles que si están "mergullados" na lectura pero que hai tempo que non collen un libro nas mans.

E con estas recomendacións, os nosos mellores desexos para estes días de lecer e para o ano novo!!!

Preme na imaxe se queres descubrir estes libros marabillosos

 

Powered by Drupal - Design by artinet