O LIBRO VIAXEIRO DO 1º CICLO

Un ano máis tras os éxitos acadados...

 

Con motivo da profesión de escritor/a e ilustrador/a, os nenos e nenas do 1º ciclo van facer un libro titulado O NOSO LIBRO VIAXEIRO onde cada un fará unha poesía adicada a un tema relacionado con Galicia, xa que este ano o eixe vertebrador do centro, como xa todos e todas sabedes, é “Galicia, toda unha tradición”  e para a súa ilustración poderá empregar a técnica que elixa, a que máis lle guste ( collage, debuxo, recortes, fotografías...)

         Como xa sabedes o de  viaxeiro vai polo de ir de casa en casa para facer esta profesión de poeta /poetisa e ilustrador/a axudados, como ata agora, pola insustituible colaboración das vosas familias. Cada neno/a terá tres días para facer o seu poema  e ilustralo, claro está. Rematado ese prazo traerá de novo o libro viaxeiro para que o leve outro compañeiro/a e así sucesivamente ata que o fagan os fantásticos alumnos e alumnas destas clases. Así que debemos coidalo moito para non estropealo nin manchalo e telo sempre metidiño, cando non se estea a traballar, na carpeta que vai con el.

         Cada poema non pode ocupar máis dunha páxina polo dous lados.

         Así ao remate desta actividade terán un libro feito por eles mesmos, escrito e ilustrado , un gran mérito profesional, que é iso o que se pretende.

        Para axudarse a escribir no folio en blanco pode facer de dúas maneiras:

  •   Facer unhas raias moi suaves a lapis para guiarse ( que logo borrará) 
  •   Escribir nun papel raiado e logo pegalo no libro viaxeiro 

         Eles e elas xa saben que hai que ser curiosos e perfeccionistas na presentación, canto mellor me saia mellor para todos!

         E senón mirade como son os libros que compramos ou nos regalan!

Estamos seguros que o noso libro viaxeiro será un novo éxito. 

 

                                                                  Un saúdo e moitas grazas

Os titores

img880.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet