Curso de mestres e mestras no colexio

Hoxe comezamos un curso TIC no cole.

¡Cantas cousas imos aprender!

BUFFFF seguro que levamos deberes!!!!!!

Día Internacional do dereitos do neno

 

OS NENOS E AS NENAS TEDES DEREITOS: 

  1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, credo ou nacionalidade.

  2. Dereito a unha protección especial para o seu desenvolvemento físico, mental e social.

  3.  Dereito a un nome e a unha nacionalidade. 

  4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas para os nenos. 

  5. Dereito a unha educación e coidados especiais para o neno física ou mentalmente discapacitado. 

  6. Dereito á comprensión e amor por parte dos pais e da sociedade. 

  7. Dereito a recibir educación gratuíta e a gozar dos xogos. 

  8. Dereito a ser o primeiro en recibir axuda en casos de desastres.

  9.  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

  10. Dereito a formarse nun espírito de solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

Recurso educativo para traballar a inclusión de todos os nenos.

Día das bibliotecas escolares

No mes de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares, un día para achegarse a biblioteca e coñecer un pouco máis como buscar os libros que máis nos gusta ler, familiarizarse ca cdu, recordar as normas de nosa biblioteca,...


MAGOSTO 2013

 

Xa case temos todo preparado para celebrar o magosto por todo o alto no noso colexio. Xa chegou a castañeira , este ano ataviada de loca científica, para recoller as catañas que todos e todas trouxéstedes.

Xogos tardicionais, a merendola de castañas asadas...en fin de festa en festa para pasalo ben e aprender xogando!!!!!

 

Para ver fotos pincha aquí

Comezamos!!!

Durante este curso 2013-14 imos participar no Programa "Nós tamén creamos!" dentro do Plan Proxecta. Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innnovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Trátase de crear unha curtametraxe en galego a partir dun conto. Gracias a Editorial OQO xa temos no cole un montón de contos para inspirarnos...xa anda algo polas nosas cabeciñas...xa vos iremos contando!!

A reprodución humana

Pincha no seguinte enlace para repasar os contidos da reprodución humana Sorriso

SOMOS QUEN!!!!!

Marela xa nos pon a traballar no proxecto SOMOS QUEN... recién chegadiuña das suas merecidas vacacións!!!!

Rosa de Samaín para Marita

Os nenos e nenas de 1º B regaláronlle unha rosa de Samaín a sú mestra de educación Física.

Será por que a merece, digo eu??? todos e todas dixeron que sí

Se queresdes saber máis do asunto pincha aquï

HALLOWEEN MARITA (3).JPG

Máis novas dos inventores coadores!!!!!

Entra no blog de aula do terceiro ciclo e navega para atopar novas sobre os inventores con coador

 

http://terceirociclo-arzua.blogspot.com.es/

exposición.jpg

Outra de Samaín

Eu sei que pasou!!!!!

O Samaín é máxico, bruxas, máis bruxas, demos, zombís, góticas...e senón mirade tamén no terceiro ciclo o que pasou...se queredes ver máis pinchade na foto

Powered by Drupal - Design by artinet