ALIMENTACIÓN SOSTIBLE

O alumnado de 2º e 3º de primaria participou nun obradoiro de "Alimentación sostible" levado a cabo por Educalecrín.

Partindo da agricultura ecolóxica e produtos ecolóxicos, pasando polas plagas e uso de pesticidas, os gases e o cambio climático falouse tamén dos produtos e do invernadoiro.

A continuación leváronse a cabo actividades como:

- Xogo de mercado, no que o alumnado, por grupos, tivo que coller 6 alimentos sostibles para a natureza e para a nosa saúde. Había algúns trucos a ter en conta: que non conteñen plásticos, que sexan produtos de cerca e mellor que leven proteína vexetal. É dicir, os distintos grupos, tiveron que facer unha compra sostible.

- Logo, entre todos ver como o fixeron e como se pode mellorar, por exemplo o erro de coller avelás plastificadas de Turquía cando había a granel ou coller plátano de Colombia, garbanzoa de Estados Unidos e plastificados...É importante coller legumes e froitos secos porque teñen proteínas...Preguntouse grupo por grupo se foi unha boa compra ou se cambiarían algo.

- Actividade individual: debuxar a dieta planetaria, un pouco distinta á dieta saudable, que ten máis proteína vexetal e é bo para o planeta. Esta dieta consiste en metade do prato de froitas e verduras e a outra  metade proteínas vexetais, pequenas cantidades de carne e lácteos e moi poucos azúcares.

Pasárono xenial!!!

 

AS FRAGAS GALEGAS: BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN

O día 2 de xuño, o alumnado de 1º de primaria puido gozar dun obradoiro levado a cabo por Educalecrín. Comezouse a falar das árbores das fragas galegas e dos animais como o xabaril, os teixugos ou porcoteixos, o lobo, o corzo,o oso...

Logo levouse a cabo un xogo: entregaron caixas que contiñan pegadas de animais, fotos deses animais e características dos mesmos. Por grupos, tiveron que relacionar: animal-característica-pegada.

Outra actividade consistiu en escoitar os sons dos animais (a música da natureza, o son da fraga) e adiviñar de que animal se trataba.

Finalmente, os nenos e nenas puideron visualizar máis fotos de animais.

Foi moi entretido. O vídeo xa o di todo!!!

 

EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O mércores, día 1 de xuño, a través de Educalecrín, leváronse a cabo os obradoiros de Educación Emocional para todo o alumnado de Educación Infantil. A través da intelixencia emocional aprendemos a xestionar os sentimentos que xorden no noso día a día para acadar o benestar. Saúde e benestar é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 para dar resposta aos retos da sociedade actual e do futuro.

      

 

 

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Os rapaces e rapazas de 3º e 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha visita a Ribeira dentro do proxecto “Ti si que es un bo peixe” que se inclúe no Programa ALIMÉNTAT-T BEN!

Realizamos diversas actividades das que aprendemos moitísimo:

En primeiro lugar, visitamos a nave de redeiros onde puidemos ver as distintas artes que montan, para que se usan e os diferentes útiles de traballo.

                           

A continuación, visitamos a máquina de xeo, un dos edificios máis importantes do porto, xa que gracias a el os compradores e pescadores poden manter o produto pesqueiro en óptimas condicións.

Logo, visitamos o porto, cun percorrido para coñecer as principais actividades pesqueiras, os distintos tipos de embarcacións, as especies que capturan, os aparellos que empregan, etc.

Tamén coñecemos  as instalación da lonxa, as salas de exposición e venda de produtos de mar, a información que proporciona o etiquetado dos produtos pesqueiros, a preparación do peixe nas naves de empresas distribuidoras, e asistimos a unha poxa ficticia.

              

Por último, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, entregóuselle a cada participante unha bolsiña coas preparacións realizadas a base de peixe, a sobremesa e a bebida. Con isto, fixeron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe adaptadas a cada idade.

  

O día rematou da mellor maneira. Xantamos á beira da praia, desfrutamos no parque e xogamos na area.

  

 

Foi unha xornada estupenda!

Xornada Máis que Mel e Os Bolechas, o 4 de xuño en Arzúa (Actividade do Concello)

 
O colectivo Máisquemel e a cooperativa Erica Mel organizan este evento dirixido a público infantil, dentro dunha xornada de divulgación sobre as abellas e os seus produtos que terá lugar no Parque dos Polinizadores, a carón da cooperativa Erica Mel, no lugar de Feira Nova en Santa María (antiga Feira do Gando).
O evento ten como finalidade que as nenas e os nenos se acheguen ó mundo das abellas da man dos personaxes dos Bolechas e aprendan a importancia destes pequenos pero indispensables insectos, garantes do mantemento da biodiversidade a través da súa función polinizadora, ó mesmo tempo que coñezan o valor e a diversidade dos produtos que nos ofrecen. Durante a actividade, as cativas e cativos poderán saudar en persoa aos seus personaxes favoritos da familia Bolechas e pasar con eles unha divertida mañá, chea de actividades e obradoiros moi interesantes.
 
Programa:
Pola vila de Arzúa, ás 10 h.:
• Pasarrúas e animación cos Bolechas
No Parque dos Polinizadores (Feira Nova – Santa María, a carón de Erica Mel), de 11 a 14 h.:
• Presentación do conto “Os Bolechas – Máis que Mel”
• Obradoiros para nenos e nenas
• Degustacións de IXP Mel de Galicia e outros produtos das abellas

Haberá varias sesións dos obradoiros ó longo da mañá. Cada sesión terá prazas limitadas, que se cubrirán por orde de chegada.
A participación será de balde pero é necesario realizar a inscrición previa en info@maisquemel.gal, antes do día 2 de xuño.


Máis información:

Máisquemel 981 589 534 / www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal

 

LETRAS GALEGAS_2022

Neste mes de maio, ademais de traer diferentes espectáculos ao noso colexio para festexar as Letras Galegas, tamén fixemos moitas actividades desde o propio centro. 

Este é o mural colectivo que montamos na planta baixa, no que aparecen tres caricaturas de Florencio Delgado Gurriarán, realizadas polo alumnado de 4º, 5º e 6º EP, e un marcapáxinas representando a cada titoría. 

 

Estes son algúns dos traballos que se fixeron nas distintas aulas do colexio.

  

 

TOUPICIENCIA

O alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participaron nunha actividade de animación á lectura: “Toupiciencia”. Nesta actuación a nosa amiga Toupiña, acompañada do seu axudante químico, descubriulles o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre diferentes reaccións químicas.

Despois de comprobar que coa ciencia non se pode medir “a ollo”, decatáronse de que para que un esperimento saia ben é necesario ler todos e cada un dos pasos, e seguir as indicacións propostas. Deste xeito todo irá ben, verdade que si?

                                                   

 

 

                           

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

SIMULACRO DE EVACUACIÓN - Colegio Trabenco-Pozo

O día 19 de maio tivo lugar no centro o Simulacro de Evacuación

 

TALLER DE RECICLAXE

O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Libros de texto

 

 

BENEFICIARIOS

ALUMNADO QUE O VINDEIRO CURSO 2022-2023 CURSE DE 1º A 6º DE PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en educación primaria.


O alumnado de 5º e 6º (E-DIXGAL) está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto pero poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  ANEXO I (Solicitude)

 ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

Podes descargar os Anexos no seguinte enlace:

 

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13492459

 

     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente(cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

     Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica

 

     Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE:

TODAS AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE ASINADAS PARA QUE TEÑAN VALIDEZ.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet