Plan Director: violencia de xénero


O xoves 15 e venres 16 de novembro levouse a cabo un dos temas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos: a violencia de xénero. Esta actividade consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e levouna a cabo un membro do corpo da Garda Civil.

As liñas básicas a desenvolver foron as seguintes:

- Facilitar información xeral ao alumnado sobre os principais problemas de seguridade que lles afectan como colectivo, prestando especial atención a aspectos como:

   . violencia de xénero

  . Prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente os relacionados coa difusión de contidos poe medio de teléfonos móbiles.

- Sensibilizar e orientar ao alumnado sobre aqueles comportamentos que poden derivar en accións delictivas ou violentas, fomentando os valores de responsabilidade, igualdade, respeto e convivencia.

- Facilitarlles ferramentas para a prevención de conflitos e para evitar o risco de converterse en vítimas de delitos.

- Inculcar a necesidade de comunicar ou solicitar axuda aos pais e profesores, respecto dos feitos que se produzan no interior ou fóra do recinto escolar, cando a gravidade da situación o aconselle.

- Mellorar o seu coñecemento e confianza en relación co funcionamento das Forzas e Corpos de Seguridade e o servizo público que prestan á comunidade, así como as distintas canles de comunicación coas mesmas.

Preme aquí

FESTIVIDADE DO 1 E 2 DE NOVEMBRO EN ARZÚA

Este curso, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha enquisa entre os nosos maiores para saber como se festexaba o Magosto e o Samaín na nosa contorna. O resultado está recollido nesta presentación e no mural. As nenas e nenos de E. Infantil, 1º, 2º ,3º e 4º de E. Primaria ilustraron despois os apartados nos que dividimos este mural.

  CLICAR AQUÍ

 

 

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

Hoxe levouse a cabo a actividade " Navega con Rumbo" para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

 

Falouse do que é internet, das estafas, bulos e enganos que poden levarse a cabo neste medio.

Da importancia das nosas publicacións, así como o feito de falar con descoñecidos a través da rede

A nosa privacidade é o máis importante

 

Apareceron tamén os conceptos de Ciberbullying ou ciberacoso e Sexting

 

En xeral, unhas recomendacións

 

E a quen debemos acudir cando temos algún problema na rede

 

 

MAGOSTO

 

 

O venres 9 celebramos o Magosto!

Comezamos o día do máis divertido... cun montón de xogos!

Xogamos á mariola, á ra, ao pano, aos sacos, aos aros musicais, aos birlos... e un montón de xogos máis!

 

                                            

 

 

Rematamos a celebración da mellor maneira posible: degustando unhas riquísimas castañas  asadas! Cada neno e nena colleu a súa caixiña ou cucurucho, e saboreamos este produto típico do outono tan saboroso!

                                                                       

Foi un día no que gozamos moitísimo todos/as xuntos/as con xogos e castañas!

OS DE PRIMEIRO NO MAGOSTO DO COLE

Se queres ver como o pasamos preme na imaxe

 

SEMANA DA CIENCIA EN PRIMEIRO NIVEL

SAMAÍN

 

 

Un ano máis festexamos o ansiado Samaín!

Mirade que chulo o mural da entrada que fixeron as alumnas e alumnos de 6º A. Nel amósase a tradición celta desta celebración. Noraboa!



Cada nivel estudou, traballou e aprendeu sobre esta celebración. Pero desta vez centrámonos máis sobre os costumes e tradicións destas datas na nosa contorna. O motivo é que este ano a temática xira arredor do "PATRIMONIO CULTURAL DE ARZÚA".

Ambientáronse os corredores con cabazas, vasoiras e os colares de castañas cocidas típicos da zona. Mirade que chulo!


                                                            

E, por suposto,  a nosa Biblioteca tamén se ambientou para a ocasión con este castelo encantado que tiña un montón de contos de medo!



Os nenos e nenas de Educación Infantil ademais viron unha peli de medo, bailaron e pasárono xenial!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, que foi o pasado 24 de outubro, fixéronse moitas actividades no noso colexio.

Os encargados de facer o mural da entrada foron as nenas e nenos de 6º B. Noraboa!

 

 

 

 

Tamén se fixo outro no que participou todo o alumnado cunha actividae moi divertida: compoñer poemas cos lomos dos libros da nosa biblioteca (alumnos/as de 3º, 5º e 6º) e as súas ilustracións (alumnos/as de E. Infantil, 1º, 2º e 4º). Levou por título POETIZÁMONOS! Mirade que chulo!

 

Ademais do traballo a nivel aula en cada titoría e a visualización dun power point sobre o funcionamento dunha biblioteca, tamén tivemos a visita de Erica González que nos fixo gozar cunha sesión de animación á lectura moi divertida!

 

 

SAMÁIN EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

Como todos os anos celebramos o Samaín o 31 de outubro, para investigar sobre esta celebración tan galega, provén dos celtas, pobos asentados en Galicia durante moito tempo, o que se  lle chama o DIA DOS MORTOS.

Levamos toda semana investigando e coñecendo un pouco máis desta celebración, empregando as tics, a creatividade, horas e horas de duro traballo para aprender unha danza e elaborar a decoración axeitada xunto cos disfraces, aínda que se aproveitou didácticamente para un exame de ósos... 

                                                                       

    Ja ja ja!!!!

 

Preme no esqueleto se queres ver máis!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis de colaborar coa decoración do centro con cabazas, colares e vasoiras...preme na imaxe para ver o que traballamos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

A Deputación da Coruña a través do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes puxo en marcha o Programa de prevención de adiccións na poboación adolescente "#Zero adiccións", que  ten entre os seus obxectivos prioritarios traballar a prol da educación para a saúde dun xeito integrado  nos diferentes ámbitos de desenvolvemento da persoa e previr e fomentar hábitos de vida de saudables

Como parte das actividades, están a organizar a realización de charlas informativas e obradoiros  dirixidos á comunidade educativa e á poboación en xeral,  como maneira de previr posibles condutas de risco aditivas de toda índole dende as idades máis temperás. 

#Zeroadiccións No marco do programa sobre prevencións de adiccións da área de Acción Social da Deputación da Coruña tivo lugar no CEIP de Arzúa, unha  actividade formativa e informativa, para informar e debatir co alumnado de 6º de primaria sobre as adiccións ás novas tecnoloxías,  a súa prevención e os riscos e perigos que conleva padecer algún tipo de adicción.

Algún dos obxectivos a acadar foi: 

  • Promover a educación en valores e a convivencia .
  • Promover a resolución de conflitos mediante a mediación e o desenvolvemento de habilidade socias .
  • Previr os consumos de toda índole dende idades temperás.
  • Previr as condutas de risco e aditivas de toda índole dende idades máis temperás
  •  Integrar os modelos de vida saudables nos momentos claves do ciclo vital en termos de consumo e adición

As liñas que se traballaron foron as seguintes : 

  1. O Autoanálise e o  autocoñecemento.
  2. O establecemento de vínculos de amizade positivos, de respeto e empatía.
  3. A valoración  do tempo en familia , promovendo  actividades en conxunto, así como o diálogo.
  4. A Realización de actividades de ocio e tempo libre saudables, alternativas ás actuais relacionadas co consumo e as adiccións.
  5. Exercitar a creatividade.
  6. Predefinir un obxectivo de futuro, de cara a loitar por el dende o presente.
  7. Ser conscientes da importancia dunha alimentación saudable.
  8. Valorar e poñer en práctica as habilidades sociais.

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet