SAÍDA AO DIVIERTTPARK!

O martes e o mércores os nenos e nenas de infantil fomos ao DivierTTPark de Santiago, onde nos divertimos, fomentamos a actividade física e a educación vial.

Os máis pequen@s conduciron coches ou triciclos eléctricos nunha vía sinalizada con liñas, sinais, semáforos, pasos de peóns, etc.

Bailamos, xogamos nas casiñas e os máis atrevidos subiron no circuíto Multiaventura onde gozaron de toda unha serie de obstáculos e mostraron as súas destrezas.

En definitiva, pasámolo xenial!

No seguinte vídeo podédelo comprobar!

QUEREMOS MELLORAR O PATIO DO NOSO COLEXIO

"O patio do noso colexio comeza a cambiar".

Con este cambio, preténdese mellorar a convivencia e a relación entre o alumnado, dotanto ao patio de máis recursos e introducindo xogos inclusivos nos que poida xogar todo o alumnado.

Podemos facelo coa axuda do Concello de Arzúa, que nos concede unha subvención para poder cumprir un dos nosos obxectivos.

Un dos recursos adquiridos son as mesas de xogos:

 Xa temos no cole as mesas da oca e do parchís preparadas para a súa instalación.

     

 

Os máis pequenos tamén terán unha sorpresa cando veñan das vacacións de Nadal: unha casiña de madeira, na que poderán imaxinar historias divertidas e levar a cabo o tan beneficioso xogo simbólico.

Esta casiña contén timbre con son, un teléfono con botóns, un reloxio con agullas en movemento, un buzón funcional e un maceteiro colgante para plantar as súas propias flores. Ten ademáis dúas pizarras incluídas.

 

 

 

 

 

 

VENRES, 21 DE DECEMBRO

CEIP ARZÚA – 2018

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO

FESTIVAL DE NADAL!

Compartindo afectos”

 

Venres, 21 de decembro

Hora de comezo: 11:30 horas

Duración aproximada: 2 horas

Estades convidadas e convidados! Contamos con vós!

 

Orde das actuacións

Título

 

3 anos A

Polo Nadal turrón e mazapán

3 anos B

Navidad Rock

4 anos A

Zumba Kids “Feliz Navidad”

4 anos B

Rudolph el reno

5 anos

Vuela, Vuela

6º B

Teatro: A foto de Nadal

Remix do Nadal

5º B

Poemas: ” Eu nacín…”

La estrella de la Navidad

Es Navidad

5º A

Flashmob de dous cadros de Murillo

Hecho con tus sueños

6º A

Voltamos aos anos 80

 

Esperámosvos a todas e a todos!

Lembrade:

O remate das clases será o venres, 21 de decembro e reanudaranse o martes, 8 de xaneiro.

 

O venres, 21 todos os nenos e nenas están convidados a xantar no comedor escolar!

FELICES FESTAS!!

É NADAL!

 

Xa se achegan as Festas de Nadal, e iso nótase nos corredores, nas aulas, e en moitos recunchos do noso colexio.

 

Os rapaces e rapazas de 5º A realizaron este mural que leva por título: "No Nadal un quilo de..." que encheron con moitos quilos de amizade, amor, ilusión, igualdade... Quedoulles moi chulo! Noraboa!

 

 

Tamén colocamos un mural con diferentes postais de Nadal de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Leva por título "Compartindo afectos", e iso é o que desexamos para estas datas tan sinaladas.

Ademais, temos moitos recunchos adornados cos diferentes traballos de todo o alumnado, que desta vez estaba relacionado con queixos, tarros de mel ou frechas do camiño, tan típicos do noso Patrimonio Cultural de Arzúa, cun toque moi navideño.

 

 

 

E, por suposto, o Equipo de Biblioteca tamén preparou este recuncho tan bonito con esta árbore de Nadal e boneco de neve tan orixinais.

                                        

 

MODELO DE CARTA PARA AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

 

Xa falta pouco para que cheguen os Reis Magos!! Deixámosvos aquí un modelo de carta, que podedes imprimir, para pedirlles eses agasallos que vos fan tanta ilusión. 

 Preme aquí

3, 2, 1....... DESPEGAMOS CON SCRATCH EN 6º A

Comenzamos ca interpretación de linguaxe computacionalElaboramos o noso propio xogo inspirado en "Atrapa a mazá"Disfrutamos moito ca nosa creación.

O PRIMEIRO PASO CO SCRATCH

Neste caso, os alumnos/as de quinto B deron o primeiro paso co Scratch. Para aprender a programar, o pensamento computacional é a clave. A forma de pensar, de aprender a solucionar problemas e crear algoritmos e solucións a eses problemas, dividilos en partes e afrontalas por separado para que no seu conxunto dean resposta ao problema.

Xoga con conceptos como imaxinación, concentración e automatización; fomenta a creatividade e imaxinación, mellora a socialización, as relación cos outros... , en definitiva, un paso tremendamente interesante. 

 

OS COMENZOS CO ROBOT "BEE BOT"

Os nenos e nenas de segundo de primaria coñeceron e experimentaron con Bee Bot, unha "abella-robot", moi sinxela de programar e que se pode utilizar como ferramenta para abordar os contidos curriculares dos diferentes niveis e áreas curriculares, dun xeito creativo e motivador. 

É un material axeitado para ensinar a transcrición de ordes, a secuencia de acción e a linguaxe de programación. 

Este robot serve para desenvolver diferentes destrezas: a creatividad, a habilidad de resolver problemas e pensar posibles solucións. Ademáis, pódese empregar para traballar contidos de todas as áreas de aprendizaxe, aprendendo de forma significativa e divertida.

Pasárono xenial.

Powered by Drupal - Design by artinet