FESTIVAL DE NADAL 2019

O venres, 21 de decembro por fin chegou o ansiado Festival de Nadal! Foi unha xornada moi completa! Porque recibimos a visita de Papa Noel e o Apalpador polas nosas aulas! Tivemos a oportunidade de falar con eles e trouxéronnos uns zumes moi saborosos! Pero ademais, ao finalizar a xornada, tamén nos visitaron os Reis Margos, cargados con moitos caramelos! Foi moi emocionante!

O festival tivo lugar no salón de actos e estivo cheo de moitas actuacións moi variadas, divertidas e emocionantes! Aquí tedes un resumo das mesmas:

                                         

Orde das actuacións

 

Título

 

3 anos A

Muñeco de nieve

3 anos B

Corre, salta, juega, es navidad!

4 anos A

I`m the Happiest Christmas Tree

4 anos B

Arbolito de Navidad

5 anos A

Frozen

5 anos B

Navidad Rock

Danza de las flautas, Tchaikovsky

Remix: A pantasma Cineasta!

Viennese Musical Clock de Kodaly

Poemas e chistes de Nadal

O valor da amizade

6º A

Marcha Radetzky

6º B

Percutimos de cine

 

                           

                         

 

                           

                                             

                                             

                                        

Como podedes comprobar, este foi un festival de cine! BO NADAL!

NADAL 2019

 

É tempo de Nadal! E aínda que xa estamos de vacacións, no colexio fixemos un montón de traballos relacionados con estas datas.

 

En primeiro lugar, o alumnado de 5º elaborou o mural da entrada, que leva por título "Presentando: Un Nadal de cine".Quedoulles así de bonito!

 

                      

 

 

 

Ademais, os corredores enchéronse de diferentes traballos realizados polos nenos e nenas coa axuda das familias, que desta vez estaba relacionado coa temática do ano: o cine. Adornamos con moitas claquetas, cámaras, palomitas, entradas de cine, cintas... cun toque moi navideño!

 

E o alumnado de 4º de Primaria realizou as postais de Nadal que encheron este mural tan orixinal!

 

                           

 

O recuncho da biblioteca tamén luciu así de bonito!

                                      

 

 

PROXECTORES NOVOS NO CEIP DE ARZÚA

 

Este curso 2019-20 contamos no CEIP de Arzúa con dous proxectores novos que se mercaron grazas a subvención que o Concello de Arzúa lle concedeu ao CEIP de Arzúa e que nos permite contar con todas as posibilidades didácticas deste material.

MODELO DE CARTA PARA AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

Os Reis Magos xa están planificando a súa viaxe para visitarnos un ano máis. Deixámosvos aquí un modelo de carta, que podedes imprimir, para pedirlles eses agasallos que vos fan tanta ilusión.

 PREME AQUÍ

 

NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CONTAREMOS COA VISITA DA COMPAÑÍA DE TEATRO "GALEATRO"

Este curso 2019-20 poderemos gozar do espectáculo "O Gran Día", a cargo da compañía de teatro Galeatro, de Carballo. "O Gran Día" é a nova proposta de Galeatro para as Letras Galegas 2020 na que os contos, a interacción coas nenas e nenos e a diversión están aseguradas. Con esta obra de teatro queremos achegar a figura de Carballo Calero a todo o alumnado do noso colexio.

A actuación terá lugar no salón de actos do noso centro o 8 de maio de 2020, formando parte das actividades que organiza o EDLG con motivo das Letras Galegas. Realizaranse dous pases; un para o alumnado de E. Infantil e outro para o de E. Primaria. 

O Concello de Arzúa vén de concedernos unha subvención ao CEIP de Arzúa que nos permite financiar esta actividade. 

           

 

SUBINDO CHANZOS CARA A IGUALDADE

 

No CEIP de Arzúa seguimos dando pasos cara a consecución dun mundo máis xusto, no que a convivencia e a igualdade entre todas as persoas sexan unha realidade. Como mostra, amosámosvos esta fotografía que recolle como están a quedar as escaleiras do noso colexio, despois dunha pequeniña remodelación con motivo da dotación procedente da Consellería de Educación para fins de igualdade. Todo un símbolo do traballo que estamos a facer para contribuír a mellorar a nosa sociedade desde a educación.

 

 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE NADAL

O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñenvos esta selección de lecturas para este Nadal. Desexamos que unha vez máis gocedes lendo!!

 

Na nosa Biblioteca podedes coller en préstamo algúns destes libros!!

ENCONTRO COA ESCRITORA PAULA CARBALLEIRA

Hoxe visitou a nosa biblioteca a escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira,  con motivo da lectura do seu libro “A tartaruga Amodovou” por parte dos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Paula faloulles sobre esta curta novela que ten como protagonista a unha valente tartaruga que se chama ” Amodovou “. Desde que aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo, malia a que este é moi grande tamén é verdade que as tartarugas viven moitísimos anos para cumprir tan grande fazaña. Neste percorrido vaise atopando diferentes animaliños: paxaros, vagalumes, ata unha balea…A pesares das dificultades a tartaruga seguirá adiante cun sorriso na súa cara enrugada. As nenas e os nenos estiveron moi participativos nas diferentes propostas da narradora, fixéronlle preguntas, intercambiaron experiencias e ata cantaron xuntos. Foi un encontro moi gratificante no que escritora e lectores gozaron da complicidade de narrar e desfrutar unha mesma historia. Moitas grazas Paula. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Un grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca escolar levaron a cabo esta semana unha actividade de “contacontos” para o alumnado de Educación Infantil. O libro escollido foi La Maleta, de Chris Naylor-Ballesteros. Esta obra trata sobre a amizade e a valentía dos que son capaces de acoller e aceptar aos que veñen de fóra.

Tanto os colaboradores da biblioteca  coma os nenos e nenas de Infantil gozaron moito desta actividade, que remataron cantando xuntos a favor dun mundo onde o que realmente importe sexa a bondade e o corazón das persoas máis que a súa raza, o seu aspecto físico ou a súa condición  social.

Aquí tedes unha mostra gráfica do que aconteceu na biblioteca do noso centro.

 

 

 

 

 

 

O CINE E A ROBÓTICA

En 5 anos A continuamos aprendendo cousiñas de robótica . Este ano, relacionado co tema do cole, fixemos o noso propio mantel cinematográfico con vocabulario que imos incorporando a nosa linguaxe do CINE. 

Debuxamos , escribimos, traballamos en equipo... para logo poder seguir aprendendo moreas de cousiñas co noso escornabot.

Powered by Drupal - Design by artinet