Morreu o FLASH PLAYER e cúmpre desinstalalo.

 

Os principais navegadores web, como Chrome, Firefox, Edge o Safari levan tempo bloqueando este tipo de contidos. Dende o principio foi unha ferramenta moi utilizada polos ciberdelincuentes para levar a cabo ataques nos nosos equipos.

A día de hoxe aínda temos instalada esta ferramenta en moitos dos nosos PCs, aínda que tamén en moitos outros está bloqueada ou simplemente non instalada. Para desinstalala/bloqueala e evitar problemas recoméndase seguir os s siguintes pasos:

  • Google Chrome:
    • Abriremos o noso navegador, e faremos clic en Máis (3 puntos) > Configuración.
    • En Privacidade e seguridade > Configuración do sitio web > Flash desactivaremos Preguntar antes. Ten que aparecer: "impedir que os sitios web executen Flash.
  • Mozilla Firefox:
    • Iremos ao noso navegador, seleccionaremos o menú e faremos clic en Add-ons > Plugins para Deshabilitar o complemento.
  • Edge: No caso do navegador de Microsoft, este complemento está desactivado de forma predeterminada.
  • Safari: Ídem para o navegador de Apple.
  • A día de hoxe, cúmpre procurar novos recursos para substituír as actividades en liña que empregaban a ferramenta Flash Player. .

 

OBRADOIROS DE CONCIENCIACIÓN SOCIAL A TRAVÉS DO XOGO DRAMÁTICO - LIDIA VEIGA (ANPA O FORMENTO)

Esta semana comezaron a levarse a cabo os OBRADOIROS DE CONCIENCIACIÓN SOCIAL A TRAVÉS DO XOGO DRAMÁTICO impartidos pola arzuá Lidia Veiga e ofertados e financiados pola ANPA O FORMENTO.

                             

Están dirixidos a todo o alumnado do colexio e levaranse a cabo durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo.

A través do xogo dramático como metodoloxía de traballo buscaremos que os nenos e nenas se conciencien e sensibilicen con estas dúas propostas educativas:

- O cambio climático. As súas consecuencias e solucións.

- A saúde e o benestar individual e interpersoal.

 

Polo tanto, desenvolveranse dous Obradoiros diferentes e relacionados coa temática de traballo deste curso: "Medioambiente e saúde".

Deste xeito, o alumnado de Educación Infantil desfrutará e aprenderá durante catro sesións co OBRADOIRO DE SAÚDE E BENESTAR.

O alumnado de Educación Primaria participará e gozará durante tres sesións no OBRADOIRO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO e outras tres sesións durante as clases de Educación Física no OBRADOIRO DE SAÚDE E BENESTAR.

 

                                  

 

 

DISTRIBUCIÓN DE FROITA NO CENTRO ESCOLAR

O CEIP de Arzúa participa un ano máis no programa Froita na escola, subvencionado pola Xunta de Galicia.

Trátase dun proxecto no que un dos obxectivos fundamentais que se perseguen é o fomento do consumo de froita entre o alumnado, contribuíndo a mellorar a súa dieta e á adquisición de hábitos de vida saudables. Nesta modalidade ofrécese ademais leite líquido de consumo aos centros que así o solicitaron a través de provedores autorizados, segundo a convocatoria FOGGA.

 

A semana do 18 ao 22 de xaneiro e a semana do 25 ao 29 de xaneiro levarase a cabo o 1º período do reparto de froita (10 días lectivos consecutivos)para todo o alumnado do centro. A partires do martes 19, e durante un período de 27 días lectivos consecutivos realizarase o reparto de leite en envases individuais (haberá leite sen lactosa para o alumnado intolerante).

Se algún neno ou nena tivese intolerancia a calquera das froitas, é preciso facerllo saber ao seu titor/a o antes posible.

A orde das entregas será a seguinte:

- Luns 18: clementina

- Martes 19: melón

- Mércores 20: pera

- Xoves 21: mazá vermella

- Venres 22: plátano

RESERVA DE PRAZA PARA O IES DE ARZÚA

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Arzúa que o vindeiro curso 2021-2022 vaia cursar os seus estudos no IES de Arzúa (centro ao que está adscrito o CEIP de Arzúa) deberá realizar a reserva de praza entre o:

11 de xaneiro e o 8 de febreiro

(Ambos incluídos)

 

Para tal efecto deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo na secretaría do NOSO CENTRO no horario de ATENCIÓN ÁS FAMILIAS.

DESCARGAR ANEXO GALEGO

DESCARGAR ANEXO CASTELÁN

Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemática a través da aplicación de ADMISIÓN DO ALUMNADO.

As listaxes do alumnado admitido publicaranse antes do 28 de febreiro no taboleiro do noso centro.

 

Para máis información faga clic aquí

 

VIDEOFELICITACIÓN DE NADAL

Deixámosvos aquí esta videofelicitación realizada coa axuda de todas as titorías do colexio. 

Saúde e Boas Festas a todos e todas!!

VISITA DOS REIS MAGOS AO CEIP DE ARZÚA

 

Hoxe, 22 de decembro, último día de clases deste primeiro trimestre, tivemos a sorte de poder recibir ás Maxestades de Oriente no noso colexio!

 

                                         

Os Reis Magos chegaron a Arzúa e viñeron a visitar aos máis cativos e cativas para falar con todos eles e elas. Ademais, recibiron as cartas ou debuxos que todos os rapaces e rapazas tiñan preparadas para eles.

                         

 

 

Foi unha xornada moi divertida con moitos nervios e emocións, que seguro non esquecerán!

 

 

 

 

 

Grazas á ANPA XERMOLOS por facelo posible!

Boas festas!

ACTUACIÓN DE "PAKOLAS"

Os nenos e nenas de 1º A, 1º B e 2º, tiveron a oportunidade de desfrutar en vivo e directo do concerto de "Pakolas", unha actividade finaciada pola ANPA "O FORMENTO".

"Pakolas" é Paco Cedeira, autor e compositor, músico e tamén produtor de música pensada para os máis cativos e cativas.

Presentou o conto de "Ramona Órbita" coa súa máquina do tempo, percorrendo diferentes etapas da historia mediante cancións de rock, facendo especial fincapé no coidado da natureza e o medioambiente.

                         

Ademais, contou coa axuda de Laura, unha ilustradora que facía debuxos que representaban as súas cancións.

                           

Foi un espectáculo marabilloso no que os rapaces e rapazas gozaron moitísimo!

MATERIAL ENVIADO AO CENTRO (PROXECTO DE AMPLIACIÓN DE ROBÓTICA)

 No CEIP de Arzúa adiantáronse os Reis. Todo traballo ten a súa recompensa, pois a ampliación do Proxecto de Robótica presentada este curso foi positiva e recibimos o EQUIPO DE ROBÓTICA EDUCATIVA:

6 Robots educativos  mBot Xplorer, con kit de construcción e con material adicional.

6 Kits de construcción Lego Education con material complementario acoplamento a mBot.

Libro Programación e robótica educativa.

 

 

 

OS BIBLIOAXUDANTES CÓNTANLLE UN CONTO AO ALUMNADO DE 5 ANOS

Un curso máis o CEIP de Arzúa participa no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias nas modalidades de: Colaboración coa biblioteca escolar e Ler con... D (é dicir, de lecturas compartidas dentro do centro). Este curso contamos cun grupo de 10 colaboradores e colaboradoras de 5º de E.P. que o venres 18 de decembro se estrearon no seu labor compartindo unha lectura co alumnado de 5 Anos A e B. O libro escollido foi "Monstro Rosa", de Olga de Dios. Trátase dun album infantil que nos fala da diversidade, de respectar a identidade de todas as persoas por moi diferentes que sexan, e tamén da importancia de crear unha sociedade onde todos teñamos cabida. Este conto reforza o valor de crer en nós mesmos e de respectar a nosa identidade aínda que esta choque coa do conxunto da sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

Despois de contarlles o conto, os biblioaxudantes e os nenos e nenas de 5 Anos reflexionaron sobre a historia, as personaxes e as ensinanzas que se poden extraer do mesmo; e remataron cantando a canción de "Monstro Rosa", un canto á diversidade, ao diferente, a encaixar e facer amigos onde cada un sinta que é o seu mundo e poida ser el mesmo.

 

 

 

Na realización desta actividade adoptáronse todas as medidas de protección e hixiene que a situación de crise sanitaria, pola COVID-19, require.

Para finalizar, dar as grazas ao alumnado de 5 Anos A e B e aos voluntarios e voluntarias, por regalarnos momentos tan fermosos e mensaxes tan esperanzadoras.

Grazas e Boas Festas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet