Esta semana comezaron a levarse a cabo os OBRADOIROS DE CONCIENCIACIÓN SOCIAL A TRAVÉS DO XOGO DRAMÁTICO impartidos pola arzuá Lidia Veiga e ofertados e financiados pola ANPA O FORMENTO.
Están dirixidos a todo o alumnado do colexio e levaranse a cabo durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo.
A través do xogo dramático como metodoloxía de traballo buscaremos que os nenos e nenas se conciencien e sensibilicen con estas dúas propostas educativas:
- O cambio climático. As súas consecuencias e solucións.
- A saúde e o benestar individual e interpersoal.
Polo tanto, desenvolveranse dous Obradoiros diferentes e relacionados coa temática de traballo deste curso: "Medioambiente e saúde".
Deste xeito, o alumnado de Educación Infantil desfrutará e aprenderá durante catro sesións co OBRADOIRO DE SAÚDE E BENESTAR.
O alumnado de Educación Primaria participará e gozará durante tres sesións no OBRADOIRO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO e outras tres sesións durante as clases de Educación Física no OBRADOIRO DE SAÚDE E BENESTAR.