ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS PARA OS/AS USUARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR

EMPRÉGASE A RENDA DO 2020, do seguinte xeito:

casiña 435+casiña 460-casiña 595=X

Descargar o ANEXO II AQUÍ

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022

 

Según a INSTRUCIÓN 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, ábrese o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP de Arzúa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022.

 

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGRADECEMENTO AO ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

 

 O Equipo de Biblioteca quere agradecerlle a este grupo de 10 nenas e nenos de 5º de E.P. o seu labor de compromiso e colaboración coa biblioteca do cole. Estas alumnas e alumnos participaron no programa de "Bibliotecas Escolares Solidarias" que promove o voluntariado cultural relacionado coas bibliotecas escolares e a lectura.Unha iniciativa moi interesante porque forma aos nosos nenos e nenas en actitudes de solidariedade e compromiso co seu entorno máis próximo.

A actividade principal dos biblioaxudantes centrouse este curso nos contacontos ao alumnado de Educación Infantil; actividade que lles esixe certo esforzo e renuncia pero que tamén lles deu moitas satisfaccións e lles reportou un enriquecemento persoal.

O alumnado colaborador da Biblioteca tamén veu recoñecido o seu traballo cun Diploma outorgado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e  recibiu ademais uns pequenos agasallos que buscaban agradecer o seu esforzo e a súa entrega.

Grazas polo voso labor xeneroso e altruísta.Esperamos que fose unha experiencia positiva e que contribuíse ao voso crecemento persoal.

 

 

 

MOITAS GRAZAS E FELIZ VERÁN!

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente é o maior evento da ONU para o fomento da acción en favor da conservación do medioambiente. Conmemórase o 5 de xuño e celebrouse  por primeira vez en 1974 onde se insta a gobernos e organizacións a que "emprendan actividades que reafirmen a súa preocupación pola protección e a mellora do medioambiente, con miras a facer máis profunda a conciencia dos problemas do medioambiente."

O alumnado do CEIP de Arzúa quixémonos sumar a este loita e elaboramos este mural colectivo que leva por título "ESTAMOS A TEMPO..."

                   

E como aínda estamos a tempo de protexer o que queda e reparar o danado, cada aula rotulou e debuxou diferentes lemas que axudarán nesta importante loita, creando así a forma dun reloxo:

1. Non tires lixo ao chan.

2. Reutiliza todo o que poidas.

3. Utiliza a auga de xeito responsable.

4. Recicla para xerar novos produtos.

5. Utiliza o papel reciclado.

6. Aproveita a luz natural.

7. Reduce o uso de envases.

8. Evita o uso das bolsas de plástico.

9. Aposta polo transporte público e as bicicletas.

10. Desconecta os aparellos eléctricos que non uses.

11. Planta árbores para reducir o quencemento global.

12. Evita utilizar produtos químicos.

 

 

 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Os equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca fixemos unha selección de lecturas que desexamos sexan do voso interese. Durante as vacacións temos máis tempo libre e podemos ler máis. Ler no verán é moi beneficioso para non perder as habilidades de lectura adquiridas, para gañar destreza lectora e ampliar vocabulario. Ademais é un bo momento para descubrir historias que nos permitan viaxar a mundos fantásticos, coñecer outras culturas, vivir diferentes aventuras...

Por iso, este verán "Se queres aventura, lánzate á lectura".

Para poder ver as lecturas recomendadas fai click na seguinte imaxe:

SEGUNDA SEMANA DE FROITA NA ESCOLA

semana do 31 de maio ao 4 de xuño repartiranse as seguintes froitas

- Luns 31: albaricoque

- Martes 1: cereixas

- Mércores 2: melón

- Xoves 3: peladillo

LAS 15 MEJORES IMÁGENES, FOTOS DE ARCHIVO Y VECTORES DE Peladillo | Adobe  Stock

- Venres 4: paraguaio

De temporada | Frutas de verano: Paraguayo | El Correo

EDUCANDO CON MALIBÚ, Ningún can sen fogar.

A "Casa Grande de Xanceda" trouxo ao noso colexio a iniciativa "Educando con Malibú" onde unha cadeliña que recibe este nome, Malibú, nos visitou co propósito de educar aos máis pequenos e pequenas na tenencia responsable de animais. Ela é o claro e triste exemplo de abandono de animais de compañía.

Pese a todo isto, Malibú está segura de que a educación en valores é moi importante para que os futuros donos e donas de animais sexan responsables, chegando así, a acabar co abandono. Esta cadeliña convirteuse no símbolo desta loita, fomentando en cada clase a adopción de animais abandonados, educando na solidariedade e no respecto aos animais.

Na visita que fixo ao noso colexio, dirixida ao alumnado de Primaria,  aprendemos algo máis sobre as escusas que os donos de mascotas poñen cando as abandonan, sobre os coidados necesarios ou sobre a importancia e obrigatoriedade de identificalas.

Pero o mellor de todo, foi poder desfrutar desta cadeliña tan boa, que nos deixou darlle unha caricia chea de esperanza. Grazas, Malibú.

 

 

 

SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS PARA O CURSO 2021-2022

IMPORTANTE

SOLICITUDE DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

El transporte escolar, a examen | El Día de Zamora | Formato digital del  periódico El Día de ZamoraInscripción Comedor Escolar Curso 2020-2021 - Colegio Valdebernardo

TODO AQUEL ALUMNADO QUE DESEXE FACER USO DESTES SERVIZOS NO VINDEIRO CURSO, DEBERÁ PRESENTAR AS SOLICITUDES CORRESPONDENTES NO CENTRO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN ATA O 31 DE MAIO

PODES DESCARGAR AS SOLICITUDES CLICANDO NAS IMAXES

 

 

2º PERÍODO DE FROITA NA ESCOLA

semana do 24 ao 28 de maio e a semana do 31 de maio ao 4 de xuño levarase a cabo o 2º período do reparto de froita (10 días lectivos consecutivos) para todo o alumnado do centro. 

A orde das entregas da semana do 24 ao 28 de maio será a seguinte:

- Luns 24: albaricoque

Martes 25: peladillo

Mércores 26: pexego

Xoves 27: paraguaio

Venres 28: melón

 

 

LETRAS GALEGAS CEIP DE ARZÚA_2021

Durante este mes de maio estamos facendo unha morea de actividades arredor da figura de Xela Arias. 

O mural colectivo compúxose con caricaturas da escritora, realizadas nas distintas titorías do centro, que levan debaixo unha parte da súa biografía. 

O alumnado de 5º e 6º EP trouxo unha foto da súa familia. Coa foto diante fixo unha listaxe de cousas que lles chaman a atención das súas familias, cousas que se din, cousas que se fan e que marcan as nosas relacións... e, despois de escoitar algúns poemas do libro "Darío a diario" de Xela Arias, lanzáronse a escribir os seus propios poemas. Cos traballos deles montamos dous murais; un na primeira planta e outro na segunda. 

    

Na clase de 3º EP realizouse tamén unha actividade similar á anterior que quedou plasmada neste mural.

 

O 14 de maio visitounos a compañía de teatro Galeatro para ofrecernos unha versión reducida da súa obra "Carabela", baseada nun libro de Paula Carballeira, no que a autora quere lanzarnos a mensaxe da importancia de coidar o noso medio ambiente.

Carabela é a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes que a advirten de que son tóxicos. Para aliviar a súa tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. 

Estas imaxes corresponden aos distintos pases que se fixeron no salón de actos do noso colexio, durante a representación desta peza teatral. 

    

  

  

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet