O Día Mundial do Medio Ambiente é o maior evento da ONU para o fomento da acción en favor da conservación do medioambiente. Conmemórase o 5 de xuño e celebrouse por primeira vez en 1974 onde se insta a gobernos e organizacións a que "emprendan actividades que reafirmen a súa preocupación pola protección e a mellora do medioambiente, con miras a facer máis profunda a conciencia dos problemas do medioambiente."
O alumnado do CEIP de Arzúa quixémonos sumar a este loita e elaboramos este mural colectivo que leva por título "ESTAMOS A TEMPO..."
E como aínda estamos a tempo de protexer o que queda e reparar o danado, cada aula rotulou e debuxou diferentes lemas que axudarán nesta importante loita, creando así a forma dun reloxo:
1. Non tires lixo ao chan.
2. Reutiliza todo o que poidas.
3. Utiliza a auga de xeito responsable.
4. Recicla para xerar novos produtos.
5. Utiliza o papel reciclado.
6. Aproveita a luz natural.
7. Reduce o uso de envases.
8. Evita o uso das bolsas de plástico.
9. Aposta polo transporte público e as bicicletas.
10. Desconecta os aparellos eléctricos que non uses.
11. Planta árbores para reducir o quencemento global.
12. Evita utilizar produtos químicos.