O 29 de xaneiro acudimos a unha visita e un obradoiro en Santiago de Compostela, concretamente na sede a Afundación ABANCA na rúa do Vilar , para sumerxirnos no POP ART.
Dividimos a actividade THIS IS POP en duas partes: visita polas distintas salas do museo axudados por unhas cabazas chamadas Lela, Xela, Chela e Mela...que falaban o idioma cabazo e un obradoiro onde montamos un ventilador e decoramos unha cabaza.
Alí poidemos ver obras de Peter Blake, Yayoi Kusama, Andy Warhol, Okuda e o Equipo Crónica (na sala de España).
Como características deste movemento artístico:
- Cores variados
- Cores suaves
- Figuras xeométricas
- Personaxes de filmes e vídeoxogos
- Obxectos cotiás
- Collage
- A cor negra sinónimo de tristeza
Ademais aproveitamos para merendar e dar un paseo pola Ferradura e vimos Federico García Lorca, que alí estaba diante dunha igrexa medieval, a de Santa Susana.
E do obradoiro fixemos un pequeno video onde se amosa o que traballamos co ventilador e a creatividade nunha cabaza.