Unhas novas exposicións que nos levan a dous países de dous continentes, CANADÁ e PORTUGAL.
Por un lado Marcos, alumno de 2ºB colle o avión para ir ao CANADÁ. Unha exposición excelente e moi clara que nos ensinou moitas curiosidades deste país que non sabíamos e que comidas tan saborosas, ademais do frío que por alí debe facer tan preto do polo Norte.
E como lembranza unha foto nos lugares maís emblemáticos deste fermoso país:
Por outra banda, Dylan de 2ºA viaxou ao país veciño onde destaca no seu mural que é o país de Cristiano Ronaldo, PORTUGAL.