TERCEIRO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES DE A CORUÑA!

Empezamos o segundo trimestre e tamén unha nova proposta das nosas educadoras do Museo de Bellas Artes de A Coruña, dentro do proxecto A AUGA FONTE DE VIDA, onde nos partimos do cadro O MUÍÑO DA FURADA de Felipe Bello Piñeiro:

Esta cadro foi pintado polo artista Felipe Bello Piñeiro en 1918. Trátase dunha vista dun muíño de auga rodeado de frondosa vexetación. O muíño é unha arquitectura de carácter popular con muros de cachotería e tellado de lousa. O lugar plasmado correspóndeseaosarredores da vivenda do pintor no Seixo, Mugardos (Ferrol). O artista pintou varias versións desta obra, plasmando o mesmo lugar con distintos tipos de luz. Tamén nos ensinaron que este cadro non esta nas salas de exposición está gardado nun almacén xunto con outras obras nos peines ou nos mobles de almacenaxe móbiles...unha pasada e sorte poder ver as entrañas do museo!

Un muíño é o lugar onde se moe; un pequeno edificio no que se empregan distintas forzas da natureza para moer os cereais. Moer é desfacer en anacos moipequenosdun cereal ata que se converte en fariña.

Os muíños abondan na paisaxe galega. Hai muíños que se moven coa forza dos animais, coa forza do vento, coa forza das mareas ou, os máis habituais, coa forza dos ríos. Aínda que hoxe en día non se empreguen habitualmente, moitos deles consérvanse nas nosas vilas, en edificacións como a que vemos neste cadro de Bello Piñeiro. O muíño representado no cadro do Museo de Belas Artes chámase “Muíño da Furada” no cadro intúese como este se move coa forza da corrente do río que pasa por debaixo do mesmo.

Malia que o funcionamento dos muíños ten a súa complexidade sabemos que esta tecnoloxía vén de moi antigo: os romanos xa construían muíños moi semellantes aos que vemos no cadro e no noso territorio galego temos mostras arqueolóxicas prehistóricas que certifican a existencia de muíños sinxelos, de man, empregados polos castrexos e castrexas.

No muíño tradicional de río, a corrente de auga se desvía cara unha canle que pasa xusto por debaixo do edificio. Ao pasares a auga, a súa forza move a roda externa do muíño facendo mover a estructura interna do mesmo. 

O artista Felipe Bello Piñeiro pintou este muíño que estaba moi próximo ao lugar no que vivía (O Seixo, Mugardos). Hoxe en día non poderíamos localizalo nun mapa. Ás veces, cando deixamos pasar o tempo e non coidamos as cousas, acaban abandonadas e pérdense para sempre, como o muíño do cadro. Por iso, é importante facer unha listaxe destes lugares: se non sabemos que algo existe é imposible conservalo.

No anterior exercicio sobre as fontes de Arzúa, descubrimos gracias a bisavoa de Lucas a existencia dun muíño ao que ía cando era moza: “O muíño da Devesa”. Pola xeografía de Arzúa seguro que existiron e existen moitos máis muíños.

O novo reto consiste en tres actividades relacionadas con este contido:

  • BUSCANDO OS MUÍÑOS DE ARZÚA

Consiste en investigar e inventariar algúns dos muíños que hai en Arzúa e aos seus arredores.

  • OS MUÍÑOS E A MÚSICA

Investigar de que pode vir a palabra muiñeira

  • COMPOÑEMOS A NOSA MUIÑEIRA

Imos aló!!!

Powered by Drupal - Design by artinet