Blogue de quinif

Feira de Proxectos de Piteas

Presentación de Brian o Chinés

Unha vez máis temos que agradecer ao noso compañeiro (resistímonos a escribir o ex diante) David, que nos agasallase celebrando a presentación deste o seu novo libro, Brian o Chinés, editado pola editorial Embora, no noso centro. 

O libro, gañador da primeira edición do premio de novela da Fundación Xosé Neira Vilas, falanos do mundo de emocións dun neno con síndrome de Down.

A habelencia de David como escritor e a súa sensibilidade humana reflíctese nas páxinas deste fermoso libro que remove as conciencias, que nos leva a pensar que todos somos diferentes e que iso non é razón para trazar liñas entre persoas.

Un paxaro é un paxaro

Poucas cantigas tan fermosas como o Txoria txori de Mikel Laboa.

A súa letra di así:

Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen aldegingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite.

Que en galego sería algo así como:

Se lle tivera cortado as ás
sería meu,
non tería fuxido.

Pero así, 

tería deixado de ser un paxaro,
e eu
o que amaba era o paxaro.

Quero un Escornabot de Mascota

En primeiro estamos a traballar un proxecto sobre as mascotas, cunha exposición das que temos nas nosas casas, que son moi variadas.

Pero como tamén queremos ter un coñecemento maior das nosas mascotas e das súas características e necesidades, realizamos este padrón dos nosos amigos animais.

Esperamos que así poidamos coidar mellor a estas nosas compañeiras.

Mamá Cabra e os sete cabritos

Os de terceiro seguen facendo das súas. O outro día viñeron contar un conto, o da Mamá Cabra e os sete cabritos, aos pequeniños. Tentamos gravalos pero tivemos algúns problemas, así que decidimos facer unha nova gravación e probar como ía a pantalla de chroma.

O resultado podédelo ver aquí.

 

Paco Nogueiras na Biblio

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita á nosa biblioteca de Paco Nogueiras que nos contou os contos de "animais de compañia", "a horta de Simón", "Griselda" e "Tomás o bromista".

Encantounos, e xa estamos a ler eses contos e a partillalos na casa coas nosas familias.

Xa estamos esperando a súa próxima visita.

Apaga o Candil

Xa temos unha nova partitura para estudarmos os de 4º curso, a famosa Apaga o Candil, que tantas veces teñen cantado no Luar da Galega.

É unha peza doada de tocar, que de seguro imos poder tocar despois cunha instrumentación boa.

Xa nos veredes en youtube!

Pero para iso teremos que aprendermos a partitura que acabo de subir a Noteflight.

 

Ata o mandil Dolores!

Os de 5º atacan cunha versión de Ata o mandil, unha cantiga tradicional que atopamos no cancioneiro musical de Ourense, recollido pola agrupación Castro Floxo, e que é unha cantiga que nos encanta!

A ver se a vós tamén.

 

Educación Física e Escornabots

Quen dixo que a robótica non se podía aplicar ás clases de Educación física? Espero que ninguén, porque os alumnos de 1º e 2º do colexio xa saben como suar con axuda do Escornabot.

Con esta plantilla cun percorrido por distintos exercicios e un dado, temos o problema resolto.

Tiramos o dado e programamos o escornabot para que siga o percorrido sinalado. Teremos que realizar o exercicio que apareza na casilla na que caiamos... e se non nos saímos do percorrido, facemos ben a programación de movementos, e facemos guai o exercicio.... Volvemos a tirar!

Se nos trabucamos perdemos a quenda e xoga o outro equipo.

Gaña o equipo que remate antes o percorrido.

Divertido e saudable!

Educación Viaria e escornabot

mapa_barco

Os nosos pequenos andan traballando nun proxecto sobre o Concello, e están preparando unha visita á Casa Consistorial.

Para saber por onde temos que ir, dende o Colexio ao Concello, o Escornabot vainos botar unha man, marcándonos dous itinerarios pola nosa Vila para facer o percorrido.

Grazas Escornabot, así seguro que non nos perdemos polo camiño.

Powered by Drupal - Design by artinet