Blogue de quinif

150 anos da Táboa Periódica

MendeleievEste ano conmemórase o 150 aniversario da publicación da Táboa Periódica dos Elementos de Mendeleiev, que abriu unha chea de posibilidades para a química do século XX e XXI.

Nesta secuencia de actividades podemos pescudar e aprender máis sobre a táboa, o seu autor, a estrutura do átomo que subxaz no concepto da táboa, e as achegas que nos fai a Química a nosa vida cotián e aos desafíos do futuro.

Premede aquí neste enlace, e mergulládevos no mundo da Química.

Primeiros Pasos co Scratch

Velaiquí tedes o noso primeiro xogo con Scratch dentro do noso proxecto do Principiño.

Que vos guste!

As fotos dos avós

Hai algúns anos fixemos un traballo de recollida de fotografías antigas,  e o resultado foi tan bo, atopáronse fotografías tan preciosas, que non puidemos resistir a tentación de facermos unha exposición con elas. 
A toda a comunidade educativa encantoulle a iniciativa, e dado que había tanta xente que quería unha copia de tal ou cal foto, decidimos poñelas a disposición de tod@s na rede. 
Premede aquí e... velaí as tedes

Mauro Racha o Teito de Cristal

Seguimos a pista, desta volta, a un músico excelente e deseñador gráfico impresionante: Mauro Docampo, que vén de gañar o concurso galego de carteis contra da violencia de xénero, cun traballo no que anima a rachar co teito de cristal que impide que as mulleres ocupen cargos directivos na nosa sociedade.

 

Mauro by on Scribd

Luis Moro, tocando as nubes

Outro ex-alumno do Condesa que destaca na súa práctica deportiva.

 

.

Novos éxitos de Leticia Gil

Leticia volve a ter un lugar no noso blog, xa que voou en Antequera nada menos que seis metros con vinta e cinco centímetros, acadando o primeiro posto no campionato de España de pista cuberta.

Un novo éxito da nosa ex-alumna que queremos celebrar con ela.

Recollemos este artigo, onde se fai referencia ao logro de Leticia, do xornal SomosComarca para que teñades a información completa.

 

Leticia Campiona by on Scribd

Todo o que querías saber sobre as abellas e o mel.

Jacobo preparou unha charla contándonos cousas sobre as nosas amigas as abellas, todas moi interesantes, deixándonos coa boca aberta.

Escoitade, xa veredes que ben está!

 

Leticia, unha campiona do Condesa

Unha ex-alumna do noso centro que acada o éxito no mundo do deporte. Leticia non salta, voa máis alá dos 6 metros e bate o récord galego de salto de lonxitude, acadando o bronce nos campionatos de España absolutos.

Todo un orgullo para o noso colexio tela entre os nosos ex-alumnos.

Leticia by on Scribd

Día da Paz. Temos alguén no noso corazón!

Este ano, a canción que eliximos para cantar no Día da Paz, non é outra que "Eu teño alguén" de María Fumaça. As nenas e os nenos do colexio quixeron traducila ao linguaxe de pictogramas, e veleiquí tedes o resultado.

Os nosos hovercraft xa furrulan!

O noso reto fuchiqueiro deste mes avanza imparable. Xa temos máis de 20 deseños, algúns con melloras importantes, como acoplarlle un tapón de bebidas isotónicas con dispositivo de peche incorporado que facilita o seu manexo.

Deixámovos aquí un vídeo no que podedes ver aos tres primeiros prototipos presentados nunha carreira polo chan da biblioteca.

A que molan, non si?

 

Powered by Drupal - Design by artinet