Blogue de quinif

Contos entre lusco e fusco

Neste tempo de defuntos, o que nos países celtas chámase Samaín, a nosa Biblioteca tivo unha xornada peculiar.

A Santa Compaña, o Home do Saco, a Meiga Chuchona, trasnos, mouros e outros habitantes de mundos nocturnos e soterrados, déronse cita na biblioteca, e alí, á lus dun candil contáronos historias que nos fixeron estarrecer.

Grazas á Modesto que gravou estas presenzas fantasmais podemos ver o que alí fixeron. Velaquí vos quedan por se vos atrevedes a escoitalas.

 

Vén á Biblioteca.... e tremerás!!!!

O vindeiro 31, a véspera de todos os Santos, a noite do Samaín, podedes vir á Biblioteca para escoitar ao Home do Saco e os seus amigos que nos van ler algúns contos TERRORÍFICOS (se cadra non tan terroríficos, incluso un pouco graciosos...).

Esperámosvos coleguis... e traede unha lanterna por se acaso non hai luz!

Mínimos e Achegas

Aquí se pode acceder ás achegas que as programacións didácticas fan aos distintos Planes establecidos no centro. Así mesmo podemos ver as porcentaxes xerais das distintas actividades e probas para os criterios de cualificación.

Tamén, en documentos a parte, podemos consultar os mínimos esixibles para a promoción de curso.

Por último temos as grellas para un mellor seguimento dos mínimos esixibles para alumnado de apoio, programas de reforzo e todo aquel alumnado que se determine a súa necesidade.

Edición Dixital do Barquiño de Papel

Aquí podedes consultar a edición dixital do voceiro da Biblioteca do noso colexio: O Barquiño de Papel.

O Barquinho de Papel Febreiro 24 by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Veño da Virxe da Barca

Para os rapaces e rapazas de quinto o comezo do curso ten sabor de romaría, a da Virxe da Barca e a súa pedra de abalar.

Velaí a canción:

 

Veño Da Virxe Da Barca by quinif on Scribd

A nosa Biblioteca na páxina da Asesoría de Bibliotecas

A finais do curso pasado viñeron, dende a Asesoría de bibliotecas escolares, a facer un vídeo que recollese as nosas actividades na Biblioteca reformada ao abeiro do plan LIA-2.

O resultado é este, unha verdadeira marabilla que nos fai sentir aínda máis orgullo da nosa biblio!

 

Muiñeira Vella de Mórdomo

Déixovos aquí a muiñeira de Mórdomo, cando menos ese é o nome que me apareceu nas partituras que empreguei para transcribilas, aínda que a min me soa que é a pandeira de Nebra que gravara, no seu día, Emilio Cao.

Tanto ten, muiñeira ou pandeirada é unha peza ben fermosa.

Piragüistas que pasaron polo Condesa

 

Sergio Ruíz, un noso ex-alumno, encóntrase na elite do piragüísmo de augas bravas. En Somos Comarca fanse eco dunha entrevista que lle realizaron á volta da súa participación no campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas.

O audio da entrevista pódese escoitar en:

https://somoscomarca.es/sergio-ruiz-piraguista-fluvial/

 

O foguete do Condesa vai despegar cara a Galaxia 3B-nus

Este ano houbo moitos e moi interesantes proxectos de investigación dentro do noso colexio.

Un deles é este proxecto de investigación titulado "Galaxia 3B-nus", que nos converteu a todos e a todas en astrónomos e astronautas.

Fixemos moreas de cousas, e aprendemos moito: traballamos con Escornabots, fixemos impresión 3D, elaboramos lapbooks, gravamos vídeos e estreamos a pantalla Chroma, aprendemos a citar os libros e webs que usamos na nosa investigación, fixemos galletas, presentamos o noso traballo en público...

Se queredes saber máis polo miúdo que é o que fixemos podedes consultar esta WEB.

Non vos ides arrepentir.

 

A historia do Barco ao través dos seus edificios

Xa  temos a web do proxecto documental do curso 2013-14, na que investigamos sobre a historia dos edificios máis senlleiros do Barco de Valdeorras.
A nosa idea é que a Web sexa accesible dende dispositivos móbiles, para o que imos colocar códigos QR nos edificios que permitan á xente do lugar, e aos forasteiros que nos visiten, coñecer un pouco máis sobre as edificacións do noso pobo.
Mentres non colocamos os códigos podedes acceder á Web dende aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet