Skip to Content

NOVIDADES

MISIÓN SALVAR A NATUREZA E NINGÚN CAN SEN FOGAR

O vindeiro venres recibiremos no centro unha visita moi especial. Dende a Granxa Xanceda, Malibú visita os colexios de primaria para ensinar aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade cos animais.

Contidos:

Coñecer as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable ( identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprender comportamentos cívicos ( manter as rúas limpas)

Concienciación da problemática do abandono.

Coñecer a realidade das canceiras.

Conciencias sobre a adopción de animais.

Como actuar no caso de atopar un animal abandoado.

 

TALLERES AMAINA

O vindeiro luns 16 a asociación AMAINA virá impartir, para os cursos de 5º e 6º de eudcación primaria, un obradoiro  en  habilidades sociais (HHSS). O obradoiro desenvolverase na aula, terá unha duración de 50 minutos por grupo, e distribuirase en tres sesións que coincidirá no mes de xaneiro.

Os grupos ó que vai dirixido, as datas e os horarios son os que siguen:

5ºE.P. HHSS
5ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.00 a 9.50h
5ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.50 a 10.40h
 
 
6ºE.P. HHSS
6ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 10.40 a 11.30h
6ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 12.00 a 12.50h

Achégase documento coa información.

NOVIDADES

O pasado venres 2 de decembro para celebrar o Día Internacional da Discapacidade, os alumnos e alumnos do noso centro foron invitados polo Centro de Eduación Especial Juan María a voar cometas para sensibilizar e visibilizar a diversidade funcional. Centenares de escolares do Val Miñor participaron desta actividade conxunta. Premede aquí para máis información.

 

 

 

NOVIDADES

NOVIDADES

Durante este curso, levarase a cabo o desenvolvemento dun Programa de Estimulación da Linguaxe Oral na etapa de Educación Infantil, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas e a base dos procesos lectoescritores, dando a oportunidade de:

  • Previr posibles dificultades da linguaxe oral e escrita.
  • Diminuír as dificultades que xa puideran existir.
  • Preparar ao alumnado para a adquisición do proceso lectoescritor.

Ademais, permite atopar e previr alteracións ou dificultades, tanto da fala (Problemas articulatorios como trastornos dos sons da fala evolutivos e funcionais), alteracións da linguaxe ou dificultades no ámbito fonético-fonolóxico e pragmático e funcional da linguaxe 

No Programa trabállanse aspectos relacionados con:

  • Habilidades metalingüísticas.
  • Vocabulario.
  • Morfosintaxe.
  • Memoria Auditiva.

Este programa levarase a cabo nas aulas de Eduación Infantil, cunha temporalización de dúas sesións semanais de 25 minutos para cada aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut