Durante este curso, levarase a cabo o desenvolvemento dun Programa de Estimulación da Linguaxe Oral na etapa de Educación Infantil, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das habilidades lingüísticas e a base dos procesos lectoescritores, dando a oportunidade de:
- Previr posibles dificultades da linguaxe oral e escrita.
- Diminuír as dificultades que xa puideran existir.
- Preparar ao alumnado para a adquisición do proceso lectoescritor.
Ademais, permite atopar e previr alteracións ou dificultades, tanto da fala (Problemas articulatorios como trastornos dos sons da fala evolutivos e funcionais), alteracións da linguaxe ou dificultades no ámbito fonético-fonolóxico e pragmático e funcional da linguaxe
No Programa trabállanse aspectos relacionados con:
- Habilidades metalingüísticas.
- Vocabulario.
- Morfosintaxe.
- Memoria Auditiva.
Este programa levarase a cabo nas aulas de Eduación Infantil, cunha temporalización de dúas sesións semanais de 25 minutos para cada aula.