Skip to Content

NOVIDADES

CHARLAS PARA A FORMACIÓN DO PROFESORADO

 
 

OBRADOIROS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º

 
 

BECAS NEAE 2024-25

Con data 19 de abril do 2024 publicouse no BOE o Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos  e alumnas con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

As solicitudes  das axudas deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección  www.educacionyfp.gob.es  ou a través de la sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes na dirección https://sede.educacion.gob.es 

Instrucións:

1) As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación

2) Todas as solicitudes presentadas é obrigatorio tramitalas (independentemente de que o centro emita un informe favorable ou desfavorable)

3) As familias presentan a solicitude no centro ata o 13 de setembro inclusive.

4) O centro comprobará seguidamente que a solicitude ten todos os apartados cubertos e asinados.

Acreditación de la Necesidad de Apoyo Educativo:

Se requiere un certificado de un equipo de orientación educativa y psicopedagógica o del departamento de orientación dependiente de la administración educativa correspondiente, que acredite la necesidad específica de apoyo educativo asociada a altas capacidades intelectuales y estar registrado en la plataforma del Sistema Educativo.

Requisitos Económicos:

Los solicitantes deben cumplir con los umbrales de renta y patrimonio familiar establecidos por la normativa vigente, asegurando que las ayudas se destinan a familias que necesitan apoyo económico para cubrir los gastos educativos.

 
 

CHARLAS PARA O ALUMNADO

CONMEMORACIÓN LGTBIQ+

Achego diferentes materiais para traballar diferentes aspectos o día LGTBIQ+:

Enlaces sobre a normativa europea e a autonómica en Galicia.

CURTAMETRAXES PARA TRABALLAR CON ED. INFANTIL E PRIMARIA: ENLACE

LIBROS/ MANUALES  PARA FAMILIAS: ENLACE

 

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: COMPETENCIAS SOCIAIS

Adicamos o mes de marzo a desenvolver e afianzar as competencias socioemocionais no alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria  a través do OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS SOCIOEMOCIONAIS. A finalidade deste Obradoiro foi a de:  

                • Favorecer o seu autocoñecemento.
                • Fortalecer a confianza en si mesmos.
                • Fomentar un maior coñecemento e xestión das propias emocións.
                • Aprender estratexias de xestión emocional e flexibilidade mental.
                • Aumentar o nivel de resiliencia e a adaptación positiva aos cambios.
                • Identificar as emocións nos demais (empatía).
                • Desenvolver a comunicación emocional nas relacións sociais.

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: DROGODEPENDENCIA

Onte e dentro do programa de prevención da drogodependencia os cursos de 6º tiveron unha formación desenvolta por profesionais da asociación Amaina coa que: 

- Promover unha mellor comprensión dos problemas causados polas drogas, así como dos factores que levan  ao seu consumo.
- Traballar nas crenzas e actitudes dos nenos e nenas.
- Proporcionar pautas educativas e alternativas para a prevención de conflictos e conductas de risco por parte da poboación adolescente no contexto familiar e académico.

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Onte nos cursos de 5º tiveron unha formación en Coeducación desenvolta por profesionais da asociación Amaina  coa que: 

- Fomentar entre o alumnado estratexias educativas que favorezan a prevención.
- Fomentar o uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, limitando o acceso a contidos non adecuados e desenvolvendo unha actitude crítica ante os mesmos.
- Coñecer e ser capaz de pór en práctica formas eficaces de previr os riscos
- Informar e asesorar dos perigos que conleva a posta en práctica de conductas de risco.


DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe día 2 de maio conmemórase o DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

Colección de vídeos para traballar o acoso escolar na aula. ENLACE

A continuación achégase recomendacións do Departamento:

Tras o seu visionado proponse facer un debate sobre o tema e/ou reflexión co grupo.

 

Educación en Valores: Actividade itinerante Centros educativos de Galicia

 TODAS E TODOS CONTAMOS

Xornada escolar inclusiva con actividades para a arte e a creatividade, impartidas por persoas con diversidade funcional.

Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, desde Afundación lanza este programa presencial para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade.

Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.

Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. 

Actividade proposta para Educación Infantil e primeiro de Ed. Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut