Adicamos o mes de marzo a desenvolver e afianzar as competencias socioemocionais no alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria a través do OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS SOCIOEMOCIONAIS. A finalidade deste Obradoiro foi a de:
• Favorecer o seu autocoñecemento.
• Fortalecer a confianza en si mesmos.
• Fomentar un maior coñecemento e xestión das propias emocións.
• Aprender estratexias de xestión emocional e flexibilidade mental.
• Aumentar o nivel de resiliencia e a adaptación positiva aos cambios.
• Identificar as emocións nos demais (empatía).
• Desenvolver a comunicación emocional nas relacións sociais.