Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

DÍA DE ROSALÍA

Onte, 23 de febreiro, as nenas e nenos de Centieiras conmemoramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía.

Para isto, desprazámonos ata distintas prazas do concello para recitar uns vesos da poetisa.

O alumando de infantil, en compañía das e dos compañeiros do primeiro ciclo de Educación Primaria, fomos ata a Praza do Concello. “Adiós ríos, adiós fontes” foi o poema que nós preparamos para o día.

Á volta ao cole reproducimos con plastilina que nós mesmos preparamos, a flor representativa de Rosalía, camelias.

Foi todo un descubrimento comprobar que no patio do cole temos varios camelios. Todos os días na hora do recreo collen estas flores para xogar con elas a todo tipo de xogos pero sen saber, ata hai uns días, de que se trataba da flor preferida de Rosalía.

Un día moi especial co que desfrutamos moito.

Proxecto: DESCUBRINDO O AIRE

Qué é o aire? E o vento? Teñen algunha relación? Esta foi a pregunta que xurdiu hai uns días entre as nenas e nenos de aula.

As respostas foron variadas:

- El aire y el viento son la misma cosa.

-No, son diferentes.

-El viento sólo aparece cuando hay tormenta.

-El viento mueve el pelo.

- Los dos están por todas partes.

Co fin de comprobar se estas ideas eran certas ou estaban equivocadas, puxémonos a investigar para dar coa resposta correcta.

Durante a pesquisa foron xurdindo distintas actividades nas que: xogamos a facer vento con distintos elementos, deseñamos por equipos de traballo coopertivo circuitos polos que logo tiñamos que desprazar pelotas de distintos pesos, movemos obxectos sen empregar as mans,…

Tamén coñecemos diferentes medios de transporte aéreos e continuamos coñecendo o noso sistema respiratorio. Para iso, nesta ocasión, metémonos no rol de médicas e doentes para realizar distintas operacións de urxencia nas que tiñan que colocar os órganos do aparato respiratorio no lugar correcto do corpo ou reparar os que estaban mal.

Distintas experiencias coas que estamos desfrutando moito da aprendizaxe.

DIA DA NENA E DA CIENCIA

O venres 11 de febreiro celebramos no centro o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Neste día quixemos darlle protagonismo ás nosas nenas de 5º. Este curso, está inmerso nun proxecto científico de "novos materiais", e é por isto polo que consideramos que esta era a ocasión perfecta de compartir o que estaban a aprender co resto de cursos do centro. 
Unha das propostas que máis éxito tivo dentro do seu proxecto foi a creación de "Slime caseiro" e por iso foi este o experimento que ensinaron e titorizaron no resto de cursos. Dixéronnos paso por paso todo o que tiñamos que facer cunha paciencia infinita e ademais déronnos unha receita por si quixeramos volver a realizalo nalgún momento.
Foi unha experiencia moi moi divertida.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

Seguimos co proxecto "Descubrindo o aire"

Continuamos adiante co noso proxecto do AIRE.

O aire pesa? Ten olor? Como viaxa polo noso corpo?

Estes foron as tres cuestión ás que estivemos tentando dar resposta nestes días.

Formulamos as nosas hipóteses, expoñemos ao resto de compañeiras e compañeiras as nosas idea, escoitamos as opinión dos demais e buscamos información e experimentamos para comprobar se son correctas ou estabamos equivocadas e equivocados.

Pesamos globos inchados e desinflados na pesa dixital, armamos una balanza caseira e comprobamos cara a onde se inclina cando lle poñemos un globo con aire e outro sen aire, vemos se pesa máis un globo con aire con con auga,….

Estimulamos o sentido do olfato ao tratar de adiviñar distintos elementos tan só polo seu olor, comprobamos a que ole o aire da nosa clase e como cambia o seu olor cando botamos colonia ou poñemos un ambientador. Exponemos que olores nos gustan e cales non, asociamos olores con cores,….

Coñecemos como é e funciona o noso sistema respiratorio. No ambiente de ciencia vimos como son os pulmóns do porco, como funcionan, tocámolos, disécionámolos, diferenciamos as súas partes,… debuxámolos e reproducímolos con plastilina.

Ademais as familias continúan aportándonos materiais que nos axudan a avanzar no proxecto.

DIA DA PAZ

 

O pasado 28 de xaneiro celebramos o "Día da Paz" dun xeito moi especial: a través dunha instalación artística baseada na obra de Rivane Newenschwander.
No ambiente de arte tamén elaboramos unhas pulseiras con forma de pomba cheas de significado.
Velaí o resultado.

 

 

 

 

 

INICIAMOS PROXECTO "DESCUBRINDO O AIRE"

DESCUBRINDO O AIRE” é o proxecto de traballo no que estamos inmersos neste segundo trimestre.
Un proxecto que, ao igual que ocorreu no Primeiro trimestre, está moi relacionado coa
ciencia (o tema do proxecto documental integrado de centro deste curso) e co caL
pretendemos dar resposta a moitas das nosas preguntas relacionadas con este elemento:
onde está o aire, ten cor e sabor, de que cor é, pesa, de que está formado, podemos vivir
sen el, para que é preciso...
Logo dunha choiva de ideas na que as nenas e nenos da aula explicaron todo o que
sabía do aire e o lle gustaria investigar, comenzamos a buscar respostas.
Ata o momento realizamos distintos experimentos e actividades coas que descubrimos
que o aire está por todas partes, por que está formado e cales son as súas propiedades.
Nesta pesquisa estanos sendo de grande axuda todo o material e información que as
familias foron aportando para o proxecto.
 

 

COIDAMOS AS PLANTAS, 2º TRIMESTRE

Xa temos na aula as prantas que convivirán con nós neste segundo trimestre.
As encargadas e encargados de traelos foron Xiana, Roi, Marco e Jose.
A verdade que nos explicaron moi ben todo sobre elas: como se chaman, usos, coidados,… 
Tentaremos coidalas con moito mimo para que volvan para a casa así de fermosas.

 

XOGOS NA AULA

Todas as semanas adicamos un tempo da xornada á realización de xogos en grande grupo cos que pasamos grandes momentos e desfrutamos sen percatarnos de todos os contidos que estamos a traballar.
Hoxe queremos amosarvos algúns cos que nos entretivemos nas últimas semanas:
- A bruxa ladroa. Coa que tiñamos que descubrir cantas moedas nos roubaran.
- A casiña de descompoñer. Na que repartimos os bonecos nas habitacións do hotel de tal xeito que todos os andares teñan o mesmo número de bonecos pero non se repita a forma en que están repartidos.
- As silabas tolas: ordeamos as sílabas das imaxes, cambiamolas de orde a ver que nova palabra obtemos e creamos palabras (cada unha/un colle unha sílaba e cando a música para busca unha parella, xuntan as sílabas e que palabra sae?.
- Que xire a ruleta. Que letra saiu?Buscamos pola clase obxectos cuxo nome comence por esa vogal ou consante.
- Adiviña o número. Nun pos-it escribimos un número, pegámosllo a un compañeiro na fronte e ten que acertar que número leva pegado atendendo ás pistas que lle imos dando: quen son os veciños, de que familia é...

 

ANIVERSARIO DE EVA

Nas vacacións de Nadal a nosa compañeira Eva estivo de aniversario, polo que ao volver ao cole o primeiro que fixemos foi celebrar ese día tan especial.

Eva é a primeira en cumprir os 6 anos, polo que a emoción e ilusión era algo presente en todas e todos. Ela estaba moi contenta ao igual que os seus compis, os cales están tamén desexando que chegue o seu gran día. 

Logo de festexar o cumple seguindo o noso ritual e de degustar as larpeiradas que Eva nos trouxo para convidarnos, fixémoslle o noso agasallo de aula: o móvil colgante cos adxectivos que cada un pensou que mellor a

describían.

PARABÉNS EVA, DESFRUTA DOS 6 ANOS!! E moitas grazas polo convite.

 

 

 

 

PDI: COLUMNA VERTEBRAL

Á volta das vacacións de Nadal rematamos unha tarefa que nos quedara pendente do trimestre anterior relacionada cun dos temas que estivemos a traballar dentro do PDI: o esqueleto.

 

Queriamos construir unha columna vertebral pero tiñamos un problema, pois non sabiamos cantas vértebras temos. Por iso, o primeiro que fixemos foi indagar este dato buscando información en distintas fontes. Nesta pesquisa tamén descubrimos que os bebés teñen máis vértebras cos adultos, algo que nos sorprendeu moito.

Feito isto puxémonos mans á obra para a súa construción: ordenamos as vértebras por orde numérica fixándonos no número que tiña cada unha escrito ( pois os compis de 4 anos foron os encargados de escribilos), escribimos tamén as grafías dos números do 1 ao 33 para repasar o seu trazo e cun fío engarzamos unha vértebra coa outra.

Este foi o resultado.

Distribuir contido