Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

SAMAÍN

Como non podía ser doutro xeito na aula de 6º de Educación Infantil quixemos festexar o Samaín adicando a derradeira semana do mes de outubro a realizar distintas tarefas relacionadas con esta data: adornamos a porta da aula cunha arañeira chea de arañas feita por nós, transformamos unha cabaza en morcego, fixemos máscaras, faroliños e ata un mural cheo de monstros,…

E o venres, FESTAAAAAA! Esqueletos, bruxas, vampiros, morcegos…. Que medo dabamos cos nosos desfraces.Sorprendido

COIDAMOS AS PLANTAS, 1º TRIMESTRE DO CURSO

Un ano máis  continuamos coa proposta do coidado de plantas.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de  identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

Nestre primeiro trimestre do curso as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Eva, Sergio, Nicole e Maykel.

A rutina de coidala, regala, quitarlle follas secas,...xa forma parte da nosa rutina diaria.

 

 

ANIVERSARIO DE YASÍN

En outubro festexamos o aniversario do noso compi Yasín. Era o derradeiro en cumplir anos. Agora si, xa todas e todos temos 5 anos. Xa somos os maiores de infantil e como nos gusta. Para celebrar unha data tan especial, como non podía ser doutro xeito, realizamos o xa coñecido ritual de representar as voltas da terra ao sol para interiorizar o paso do tempo, comimos unhas ricas lambetadas coas que nos invitou Yasín e fixémoslle, o que será o agasallo dos aniversarios este curso, un móvil cos adxectivos que os seus compañeiros e compañeiras pensan que mellor o describen.

 

AULA VIRTUAL DA XUNTA

Como sabedes, seguindo as novas instrucións da Xunta debemos deixar de empregar CLASSROOM, MEET e os correos @centieiras; polo que a partir de agora empregaremos a aula virtual da Xunta e para as videochamadas WEBEX.

Estas son as instrucións para poder empregar inicialmente estas ferramentas:

 

ENTRADA NA AULA VIRTUAL POR PRIMEIRA VEZ:

-       

Entrar na Web do centro

-       

Acceder dende AULA VIRTUAL CORPORATIVA

-       

Arriba á dereita ACCEDER

-       

Introducir USUARIO: javier.valencia

-       

Introducir CONTRASINAL: o primeiro contrasinal será changeme; pediravos que o cambiedes. Podedes poñer o que vos queirades, non olvidedes anótalo!

 

ENLACE VIDEOCHAMADA

 

-       

Na aula virtual corporativa, arriba á dereita ACCEDER

-       

Introducir usuario

-       

Correo: nonresponder@edu.xunta.gal

Nestas mesmas instrucións da Xunta pídesenos que nos conectemos con vós para ver que todo funciona correctamente. Esta conexión a faremos mañá MARTES 10 DE NOVERBRO ÁS 18:40 horas.

Un saúdo

6º EI - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.

6º DE INFANTIL TRABALLANDO DENDE A CASA

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil seguen a traballar na casa.

Cada día temos máis e máis fotos do traballo que están a facer nas súas casas, con resultados verdadeiramente bonitos.

Encántanos ver, sobre todo, o ben que estades. Noraboa ás familias e noraboa ós campións e compionas por todo o traballo que están a facer nesta labor tan difícil!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d320260379kP1122624248o2l1/5-aos

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES VENRES 24 DE ABRIL

Bo día a todos e a todas!

Aquí tedes novas propostas de actividades; deberedes descargar o documento coas propostas e os catro audios cos contos.

Lembrade, a partir do próximo luns as actividades colgarémolas na aula virtual.

Un saúdo.

Pasade boa fin de semana.

Iria.

 

TITORIAL SOBRE COMO ACCEDER Á AULA VIRTUAL

Bo día! Déixovos o arquivo co titiorial sobre como acceder por primeira vez á aula virtual do cole. Para entrar nela, podedes facelo no enlace que hai nesta mesma páxina web, na marxe esquerda, onde pon aula virtual. Calquera dúbida que podades ter, non dubidedes en preguntar.

Un saúdo.

Iria.

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!

bibliocenti.blogspot.com

Distribuir contido