Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

DESPEDIMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

Hoxe, o último día de cole deste primeiro trimestre foi para todas e todos un día moi especial, cheo de sorpresas e ilusión.

Nada máis chegar pola mañá descubrimos que Papá Noel e o Apalpador visitaran o cole para deixarnos unha morea de agasallos. Un para cada nena e neno.

Logo desfrutamos da compañía das familias, pois quixeron estar con nós nun día tan especial, participando nos talleres interactivos de xogos de mesa.

Merenda de Nadal, bailes, panxoliñas, badaladas,…. foron outras das actividades coas que desfrutamos no día de hoxe.

Felices festas!

PROPOSTAS DE NADAL

O Nadal estivo moi presente nas distintas propostas realizadas estes días na nosa aula.

En forma de manualidades, xogos, actividades plásticas, traballo individual e en equipos,….desfrutamos traballando contidos das distintas áreas de coñecemento  partindo desta temática que a todas e todos tanto nos gusta e nos enche de alegría e ilusión.

Esta é unha pequena mostra dalgunhas das tarefas realizadas.

ÁLBUM DO VERÁN

A maleta viaxeira remata a súa andaina.

Cada venres marchou á casa dun neno ou nena da aula,  para voltar o luns ao colexio cargada, non só co seu álbum do verán senón tamén chea de ilusións, historias e gañas de compartir.

Grazas a esta dinámica de cohesión de grupo traballamos a interrelación, o coñecemento mútuo e a distensión dentro do mesmo.Pois aínda que a miúdo pensamos que nos coñecemos, é curioso como ao realizar esta actividade xurden aspectos da personalidade, afeccións, intereses… que non se coñecían e que, suscitan ás veces, novas afeccións entre os/as alumnos/as.

Eva, Sergio, Maykel, Xiana, Diego e Yasín foron os últimos en presentarnos os seus álbums do verán.

Mirade que bonitos lles quedaron.

Grazas unha vez mais familias.

BOLAS DE POMANDER (ADORNO DE NADAL)

Este ano sentimos moito interese por esta manualidade, de sinxela elaboración pero de moito contido didáctico.

Cunha laranxa e cravos en grao creamos este ambientador navideño para purificar  o aire. Tan só tivemos que tachonar a laranxa cos cravos seguindo o patrón pintado ou tallado polas  familias.

Xunto coas bolas de cada nena e neno, en grande grupo creamos tamén un centro de mesa para aula con Bolas Pomander que representan o ano no que imos entrar. Esta combinación tan particular da laranxa e cravo crean un aroma sublime que fai que a nosa clase ula xenial.

Como curiosidade hai moito tempo estas bolas facíanse co ambar gris, unha sustancia do sistema dixestivo dos cachalotes, na época da Peste Negra.

MATES EN FAMILIA (17 DE DECEMBRO)

Na sesión de Mates en familia deste venres as propostas plantexadas centráronse no recoñecemento das formas xeométricas e dos seus atributos., na asociación número-cantidade e conteo e na localización espacial e estimulación da memoria.

As atividades realizadas para traballar estes contidos foron as seguintes:

-Xogo do bingo

- Sumas e restas manipulativas con policubos rexistrando as cantidades obtidas.

- Caza de formas xeométricas que tivesen os atributos indicados nos dados e creación de figuras con elas.

- E memory de figuras.

Hamid, Jesús e Rafael foron os papás que nos acompañon nesta xornada. 

Moitas grazas!!

CONTOS DE BOCA (DECEMBRO)

Como vimos facendo desde que comezou o curso, cada mes adicamos un luns a realización desta proposta. Nela as familias da aula participan contándonos: experiencias, lendas, anécdotas, historias,... nas que a voz é a principal protagonista.

Este luns acompañounos a familia de Yasín para contarnos un conto que gustou moito “MariLuz avestruz”.  Tanto, que logo de escoitalo e comentar o que máis lles gustou quixeron debuxar a Mariluz pois dicían que nunca debuxaran unha avestruz.

Grazas  pola súa participación Mari Carmen.

UN MAR DE PALABRAS (10 de decembro)

O Nadal  xa chegou á aula de 6º de Educación Infantil e por iso quixemos que este venres fose a temática dalgunhas das propostas  do taller dun MAR DE PALABRAS.

Construción de palabras características destas festas con letras maiúsculas e minúsculas, lectura de vocabulario navideño e asociación con DOC de palabra debuxo, e actividades varias de lectoescritura nos ipads.

Como todos os días que realizamos o taller, nenas e nenos están moi ilusionados de que as súas  familias e as dos demais compañeiros e compañeiras poidan compartir  con eles un ratiño de algo tan importante para elas e eles como é o seu día a día no cole.

Grazas familias.

PDI "PINGAS DE CIENCIA": taller STEAMM con dobre M de música"

A ciencia segue a estar moi presente no noso día a día da aula. Nesta ocasión poidemos desfrutar dela a partir do taller da fundación Abanca que tivemos este xoves “STEAMM con dobre M de música”.

Nel experimentamos como é posible facer música sen ter ningún instrumento musical físico entre as nosas mans; empregando tan só o noso corpo como fío condutor, unha placa Makey Makey  e o programa informático Scrach.

O resultado foi sorprendente, só con tocar o botón que fixeramos con plastilina  soaba o instrumento que tiñamos debuxado na cartolina.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da experiencia.

PDI “PINGAS DE CIENCIA”: O CORPO HUMANO

Conxuntamente co traballo da luz, dentro do Pdi "Pingas de ciencia" estamos adicando un espazo ao descubrimento e coñecemento do corpo humano; especialmente a todo o relacionado coa súa anatomía.

No ambiente de ciencia é onde máis estamos traballando toda esta temática por medio de propostas que non paran de sorprendernos: pois descubrimos que o cerebro é como o ordenador do noso corpo, diseccionamos un corazón de porco e ao abrilo poidemos sentir que estaba frío porque non estaba dentro do seu corpo, era brando ao tocalo pero duro á hora de cortalo e observamos que por dentro está dividido en catro cavidades, aurículas e ventrículos. Tamén traballamos a composición da sangue e agora estamos centrados no esqueleto.

Buscamos información sobre el e descubrimos moitas cousiñas interesantes. Coa axuda dos outros compis de infantil e das súas familias ata construimos dous esqueletos con botellas plásticas: o esqueleto de Papá e Mamá Noel. Ollade o resultado.

TALLER DE MATES EN FAMILIA (3 de decembro)

Un venres máis tivemos a sorte de poder contar coas  familias para levar a cabo os talleres interactivos.

Veñen á aula pasar un ratiño con nós e participar do noso día a día dinamizando as propostas do taller.

As actividades que realizamos neste taller, pois tocaba MATES EN FAMILIA, consistiron en xogar coa baralla española ao cinquillo, clasificar as pezas do donimó na casiña correspondente atendendo ao número de puntos que tiña cada unha, crear series de cores partindo do patrón dado e tirar o dado para construír torres de policubos que tiveran o número de pisos que marcaba o dado, para posteriormente poder comprobar cal era a máis alta, a máis baixa, cantos pisos lle faltaban á máis baixa para ser como a alta,….

Distribuir contido