Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

ANIVERSARIO DE SERGIO

Seguimos festexando as seis voltas ao sol.

Nesta ocasión foi a quenda do noso compi Sergio, que estivo de aniversario nada máis e nada menos, que o 20 de marzo; un día moi especial do que xa non nos imos esquecer pois descubrimos que o día que naceu Sergio é o día no que comeza a primavera.

Representación das 6 voltas da terra ao sol, tiróns de orellas, sopro das candeas, canción de felicitación,  agasallo … non podían faltar no noso ritual dos aniversarios. E tamén lambetadas, que Sergio trouxo para convidarnos. Moitas grazas campión, PARABÉNS.

 

DÍA DA POESÍA

 O día 21 de marzo tivemos unha idea moi especial para celebrar o Día da Poesía. Preparamos  o poema "Somos Dinos".  Aprendemos o poema, escríbímolo e ata o ilustramos para logo emmarcar e colocar no escaparate dun comercio de Fene. Finalizada a súa elaboración comezaba a segunda parte da actividade; a súa busca.

Coa axuda das familias, polas rúas e establecementos de Fene, buscaron e buscaron ata atopalo. Darían con el? Por suposto que sí, e non solo con el senón cos os outros 10  poemas elaborados polas compañeiras e compañeiros dos outros cursos do cole.

Un día este moi especial!

UN MAR DE PALABRAS, 18 DE MARZO

Despois duns meses de parón volven os tan ansiados talleres coas familias.

Que gañas tiñamos de poder volver contar con elas e recibilas na aula. Compartir e facelas partícipes do noso día a día e da nosa aprendizaxe é algo do máis enriquecedor para o noso alumando e tamén para nós como mestras e mestres.

Este venres comezamos co taller de “Un mar de palabras” polo que as propostas de actividade centráronse na lectoescritura. O xogo do aforcado, a creación de dinosaurios seguindo a orde do abecedario e o xogo do lince coas letras maiúsculas e minúsculas foron as propostas de xogo da sesión. E Óscar, Silvia e Marisa os encargados e encargadas de guialas.

Moitas grazas familias. Estamos desexando que voltedes!!!

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E EXPOSICIÓN DE PINTURA

O xoves foi día de saída.

En compañía dos demais compis de infantil fomos visitar a exposición “Un cordero bala entre dos montañas” de Sofía Piñeiro.  Unhas pinturas que nos gustaron moito; coloridas, fermosas e cheas de significado. Logo de que a artista nos explicase un pouquiño como fixo as obras e o que quixo recoller nelas, animámonos a escoller a que máis nos gustou ou chamou a atención  para representala. Mentres a plasmabamos no papel, tivemos a sorte de que Sofía nos dese algúns consellos que, as artistas coma ela, teñen moi presentes á hora de facer as súas creacións.

Aproveitamos a saída tamén para facer unha pequena visita á Biblioteca Municipal de Fene.  Un espazo coñecido pola maioría de nós pero ao que sempre nos gusta ir para desfrutar da lectura e visionado da grande cantidade de libros que alí hai.

Como nós agora estamos moi interesadas e interesados co mundo dos dinosaurios preguntamos á bibliotecaria onde podiamos atopar libros desta temática. Había moitos… e todos moi interesantes e atractivos. Encantoulles velos unha e outra vez. Tanto que prometimos volver.

 

ANIVERSARIO DE NICOLE

Iniciamos a semana festexando o aniversario da nosa compañeira Nicole, os seus 6 anos!

Ademais de dar as seis voltas ao sol e xirar a terra, Nicole tamén clasificou e ordeou as bandeiras de España, Galicia e Ferrol (pois a nosa compi Nicole non vive en Fene). Isto permitunos descubrir algo que nos sorprendeu moito e é que Fene e Ferrol, pese estar tan preto, teñen bandeiras diferentes.

Celebración, tirón de orellas coma é o ritual e festexo. Nicole  marchou moi contenta para a casa co noso agasallo móvil colgante.

PARABÉNS NICOLE, BIQUIÑOS.

PROXECTO DO AIRE: MAQUETAS, EXPERIMENTOS, AVES.

BALLOON ROCKET foi un dos experimentos que realizamos esta semana dentro do proxecto que nos ocupa neste segundo trimestre “Descubrindo o aire”. A verdade que foi todo un éxito, encantoulles; tanto que non querían parar de experimentar e probar como se desliza o globo pola corda unha vez soltamos o aire que ten dentro e cambiamos as variables. Experimentación pura para comprobar se todas as hipóteses que lles ían xurdindo eran certas ou non.

-Cuanto más aire le echemos dentro más tiempo correrá (dixo Roi).

- Pues no, corrió igual. (Andrea)

- Ya sé, para que ande más si lo hinchamos más hay que poner una cuerda más larga. (Eva)

- ¿Y si ponemos la cuerda cuesta arriba subirá? (Sergio)

As MAQUETAS DO AIRE que trouxeron Andrea e Xiana foron outro dos protagonistas da semana. Grazas a todo o que estas compis nos explicaron delas aprendimos moitas cousas, como que os muíños de vento antiguamente empregaban a enerxía do aire para moer os grans e convertelos en fariña (no ambiente de ciencia poideron comprobar o grande esforzo que supoñía moer os grans á man) ou que a electricidade pode obterse grazas á forza do vento. (xeramos vento con distintos obxectos para tentar de mover as aspas do aeroxenerador da maqueta de Andrea e producir electricidade).

As AVES tamén estiveron presentes esta semana na nosa aula. Ollade cantas estamos a coñecer!

ANIVERSARIO DE ANDREA

O 8 de marzo na aula de 6º de infantil tivemos dobre celebración; por unha banda conmemoramos o Día da Muller e pola outra, festexamos o aniversario da nosa compi Andrea, as súas 6 voltas ao sol.

Pouco a pouco imos cambiando de díxito; os que xa o fixeron están encantadas e encantados de verse tan maiores e os que  non, non paran de contar os días que faltan para que chegue o seu grande día.

Este curso, o día dos aniversarios, aproveitamos para ver os cambios físicos que experimentou o seu corpo desde que entraron en 3 anos e tamén para traballar a nosa situación xeográfica dentro do planeta Terra: continente, país, comunidade, concello,…

Rápida, estudosa, bonita, guapa,… foron algúns dos adxectivos que nenas e nenos escolleron para describir a Andrea e plasmar no seu agasallo de aula.

Parabéns Andrea, felices 6 anos. Desfruta moito.

Moitas grazas por todas as cousiñas que nos trouxeches para invitar. Estaban moi boas.

Aniversario de Roi e Maykel

Onte festexamos na aula as 6 voltas ao sol de Maykel e Roi. Pois os dous estiveron de aniversario durante as vacacións de entroido.

Que gañas de que chegara este día tan especial no que poder compartir de desfrutar cos compis dun momento tan importante para eles, e sobre todo neste curso, no que xa son os maiores de infantil.

Mentres daban as súas 6 voltas ao sol recordamos cantos aniversarios levamos celebrando xuntos e compartimos lembranzas dalgunhas das cousas máis simpáticas e anécdotas que lembraban de Roi e Maykel destes 3 aniños xuntos.

Risas, alegría, entusiasmo,… encántonos festexar.

Parabéns rapaces. Desfrutade moito deste novo ano.

FESTEXANDO O ENTROIDO

Foi unha semana ben divertida a do entroido, empezando polas máscaras de pratos e cartón que deseñamos mentres  traballabamos o conteo e as simetrías , e continuando coa elaboración do nariz para o noso difrace  de aparello respiratorio. No ambiente de arte tamén preparamos con bolsas de cartón unhas caroutas arrepiantes!

Seguindo os mandadiños da Bruxa Encarnación, todos os días empezabamos a mañá cun desfile polo banco para ver o que levabamos posto, servindo así para facer descricións e coñecer vocabulario típico de entroido en lingua galega.

O venres foi o día grande: desfile de desfraces polas rúas de Fene, merendola con produtos típicos de entroido, baile, xogo,…

TEMPO DE ENTROIDO!

VISITAMOS O ESTUDO DE RADIO FENE

Hoxe tivemos a sorte de poder asistir ao estudo de radio Fene para participar, xunto coas compañeiras e compañeiros de 5º A de Educación Primaria, no programa "Crónicas de Centieiras".

Aínda que xa foramos cando estabamos en 4º de Educación Infantil fíxonos moita ilusión poder voltar e facer as gravacións cos auriculares postos e ao pé dos micros.

Estamos deseando que se emita o programa para poder escoitalo. 

Non o perdades, seguro que bos gusta pois fixéronno xenial.

Distribuir contido