Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
6º Educación infantil
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS SEGUEN TRABALLANDO NA CASA
Os nenos e nenas de 6º de infantil seguen a traballar na casa. Nesta ocasión, Iria M., Pablo R., Noemí, Marcos e Zoé quixeron ensinarnos todas as cousas que están a facer.
Non poden ser máis bonitas.
Moitísimas grazas ás familias por compartilas con nós.
Alégranos moito ver que estades ben. Saúdos a todos e todas!!!
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d318351115kP1113183639o2l1/6-aos-ii
PROPOSTA DE ACTIVIDADES MÉRCORES 15 DE ABRIL
Bo día familias!!
Aquí vos deixamos novas propostas para dar comezo ó terceiro trimestre.
Recordade descargar os dous documentos adxuntos.
Saúdos e moito ánimo.
Iria.
SEGUIMOS TRABALLANDO NA CASA, 6º DE INFANTIL
Os nenos e nenas de 6°de infantil anímanse a compartir con nós as propostas que están levando a cabo na súa casa: a manualidade do tiburón, o reto da profe Fina, a plantación, as partes da planta...
Son moitas as propostas que vemos.
Gracias familias, gracias nenos e nenas. Encántanos vervos!!! E encántanos que vos gusten as actividades que vos propoñemos. Ánimo campións e campionas!!!
Aquí tedes o enlace para que disfrutedes do voso traballo.
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d318125067kP1120005181o2l1/5-anos
PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO: " FAME DE PALABRAS"
Bo día.
Desde a biblioteca queriamos facervos unha proposta para o Día do Libro. Podedes ollala no blog da
biblioteca: https://bibliocenti.blogspot.com/2020/04/fame-de-palabras_14.html
Animádevos a participar!
Un saúdo.
RETO
Nenos e nenas, Fina déixavos un reto para estos días. Quen se anima a facelo? Podedes enviarnos un vídeo facéndoo.
Esperamos que vos guste.
Un saúdo.
Fina, Silvia, Teri e Iria.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES VENRES 3 DE ABRIL
Bo día, aquí vos deixo unha nova proposta de actividades, recordade descargar os dous documentos adxuntos.
Espero que vos sexan útiles e que vos gusten.
Un saúdo.
Iria.
TRABALLANDO DESDE A CASA: 6º DE INFANTIL
Zoé tamén se animou a aprender a canción de La Semilla así como acompañala dunha fantástica dramatización.
TRABALLANDO DESDE A CASA; 6º DE INFANTIL
Os nenos e nenas de 6º de Infantil seguen a compartir con todos nós as diferentes propostas de actividades que están a facer nas súas casas.
Pablo e Noemí estiveron xogando con boliñas sensoriais, deseñaron pulseiras de lá, fixeron o mapa conceptual da primavera e están a facer as rutinas diarias nun calendario deseñado por eles.
Carlos animouse a facer as tarefas coa súa irmá, ademais de crear un tiburón terrorífico.
Marteo decorou a palabra PRIMAVERA, quedoulle ben chula!
E Zoé estivo a construír palabras cunha sopa de letras.
Unha aperta ben forte para todos e todas!!!
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d316141969kP1047075564o2l1/6-infantil
ANIVERSARIO DE NOEMÍ E PABLO
Feliz cumple Pablo e Noemi!!!
Esperamos que pasarades un bo día. temos pendente a celebración no cole, que aínda que non puidera ser no seu día, non por eso vai ser menos boa.
Ánimo nenos e nenas!!!! Unha aperta moi forte!!!
PROPOSTA DE ACTIVIDADES MÉRCORES 1 DE ABRIL
Bo día, aquí vos deixo unha nova proposta de actividades. Espero que vos gusten!!!
Recordade descargar os 3 documentos adxuntos.
Un saúdo.
Iria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »