Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

XOGOS NA AULA

Todas as semanas adicamos un tempo da xornada á realización de xogos en grande grupo cos que pasamos grandes momentos e desfrutamos sen percatarnos de todos os contidos que estamos a traballar.
Hoxe queremos amosarvos algúns cos que nos entretivemos nas últimas semanas:
- A bruxa ladroa. Coa que tiñamos que descubrir cantas moedas nos roubaran.
- A casiña de descompoñer. Na que repartimos os bonecos nas habitacións do hotel de tal xeito que todos os andares teñan o mesmo número de bonecos pero non se repita a forma en que están repartidos.
- As silabas tolas: ordeamos as sílabas das imaxes, cambiamolas de orde a ver que nova palabra obtemos e creamos palabras (cada unha/un colle unha sílaba e cando a música para busca unha parella, xuntan as sílabas e que palabra sae?.
- Que xire a ruleta. Que letra saiu?Buscamos pola clase obxectos cuxo nome comence por esa vogal ou consante.
- Adiviña o número. Nun pos-it escribimos un número, pegámosllo a un compañeiro na fronte e ten que acertar que número leva pegado atendendo ás pistas que lle imos dando: quen son os veciños, de que familia é...