Conmemoracións

CONTACONTOS POLA IGUALDADE. CELTIA FIGUEIRAS.

O alumnado de Educación Infantil puido presenciar no centro o contacontos-títeres da obra "U-la Lúa?".

Desta volta foi a gran Celtia Figueiras a encargada de transmitir a todos os cativos e todas as cativas a importancia da liberdade na toma de decisións a través deste conto.

Encantounos!!!

Moitas grazas pola túa visita!!

ENTROIDO 2020

Este curso estamos traballando arreo e, entre outras cousas, tocounos profundizar no tema das emocións. Temos este tema como núcleo de traballo a nivel de centro e decidimos disfrazarnos con temas relacionados coas diferentes EMOCIÓNS...

No desfile puidemos ver o amor en tódalas súas vertentes, a sorpresa a través do circo, o medo representado por pantasmas, a tristeza que tan ben representan os mimos, a vergoña que tantas veces nos acompaña, a rabia que debemos canalizar e a empatía (tan necesaria!!!)...

Premede na AQUÍ para ver unha pequena montaxe con fotografías deste día!!

Agardamos que vos guste!!

Agradecemos inmensamente a presenza dos Viqueiras que sempre nos amenizan con tanta profesionalidade e bo facer!!

Pero sobre todo a colaboración de todas as familias na elaboración dos disfraces; sen elas non sería posible esta actividade!!

 

NADAL 2019...

ASÍ PASAMOS O ÚLTIMO DÍA ANTES DAS VACACIÓNS DO NADAL...

VISITA DOS REIS MAGOS, CHOCOLATADA...

BOAS FESTAS!!

 

25 N

No noso centro traballamos de xeito especial a temática relacionada coa prevención da Violencia de Xénero.

Foron moitas as actividades desenvoltas: murais; exposicións; traballo, estudo e interpretación do tema "Solo quiero bailar" (composta e interpretada polo alumnado do IES Maestro Juan de Ávila de Ciudad Real); etc.

QUERÉMONOS VIVAS, QUERÉMONOS LIBRES!

 

 

 

MAGOSTO

Chegou o outono, chegou o frío... e as tan agardadas castañas!!

 

O día 30 celebramos no colexio o Magosto coa visita de Bieito, o castañeiro da vila de Ordes!

Foi todo un éxito... que boas estaban!!

COMEMEDOS...no SAMAÍN!

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tiveron a gran idea de crear un gran Comemedos no que todo o alumnado do centro puido colocar o seu medo para facelo desaparecer... Foi todo un éxito!!!

 

 

EXPOSICIÓN LIBROS DE MEDO...

Con motivo da conmemoración do Samaín, na nosa Biblioteca podemos ver unha seleción de libros de medo, bruxas, historias de terror... que faran que non sexamos capaces de deixar de ler!!!

Tamén ambientamos os recunchos de lectura... mirade que ben quedaron!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 24 DE OUTUBRO

Ao longo destas dúas últimas semanas, na Biblioteca de Botalerias estívose traballando a fume de carozo... tocaba conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares!!

Cada unha das titorías recibiu unha invitación do mesmísimo Botalerias para asistir a un taller de elaboración de marcapáxinas e a unha sesión de formación para os usuarios da mesma.

Foron días intensos pero aos cativos e cativas encantoulles!!!

Agardamos que a partir de agora todo o alumnado lle saque o máximo proveito a todo o material que hai e ás actividades que nela se desenvolven!!

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019. ANTÓN FRAGUAS.

De novo, todo o alumnado do centro colaborou na realización dun traballo conxunto. Nesta ocasión, para conmemorar o día das Letras Galegas 2019.

Escolleuse un poema do autor homenaxeado e, entre todos os niveis educativos, elaboraron as letras que compoñen o seu nome aproveitando a letra do seu poema.

Mirade o ben que quedou o noso recuncho de ANTON  FRAGUAS!!

 

O CASAMENTO DA PULGA.

 

VÍDEO-RESUMO DA II FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO. DÍA DO LIBRO 2019

POIS XA REMATOU A FEIRA DO LIBRO DESTE ANO 2019...

E, DE NOVO, FOI TODO UN ÉXITO!!!

AGRADECEMOS DUN XEITO INFINITO A TODAS AS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO POR IMPLICARSE DESTA MANEIRA TANTO NA DOAZÓN DOS LIBROS COMA NA DOAZÓN DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE.

E NON QUEREMOS ESQUECERNOS DA ENORME LABOR DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA CRUZ VERMELLA DE ORDES, SEN @S QUE NON SERÍA POSIBLE LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE.

AGARDAMOS QUE CON ESTE TIPO DE INICIATIVAS, QUEDE NO NOSO ALUMNADO UNHA SEMENTE DE SOLIDARIDADE QUE BROTE NA SÚA XUVENTUDE E CONTINÚE DURANTE TODA A VIDA!

DESPOIS DE FACER O RECONTO FINAL, PODEMOS COMUNICAR QUE, DESTA VOLTA, CONSEGUIMOS DOAR ALGO MÁIS DE 600 PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL, CASE 200 PRODUTOS DE LIMPEZA E ARREDOR DE 900 PRODUCTOS DE ALIMENTACIÓN. 

MIRADE O SEGUINTE VÍDEO NO QUE RESUMIMOS UN POUCO ESTES CINCO DÍAS DE FEIRA ININTERROMPIDA!!

(Música de Pablo Díaz -TIC TAC-).

Preme na imaxe para velo.