Conmemoracións

AMBIENTE NAVIDEÑO NO COLE...

No colexio CASTELAO xa se respira un ambiente navideño...

Nos corredores...

 

 

 

Na Biblioteca...

E o que nos queda...!!! En breve ensinaremos máis fotografías de todo o que está acontecendo nestas datas...

 

"LA PUERTA VIOLETA". DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Abrindo portas contra a violencia de xénero no CEIP ADR Castelao de Ordes. 25 N. Curso 2018/19.

Imagen relacionada

Resultado de imagen de rozalén puerta violeta

 

 

DÍA DA INFANCIA - 20 DE NOVEMBRO -

Por mor da conmemoración do Día Internacional da Infancia, tivemos a sorte de que a nosa compañeira Begoña fixese un contacontos para o 5º nivel da Educación Infantil na Biblioteca de Botalerias.

Contounos o conto de "El lápiz mágico de Malala", falounos da súa vida e do moito que loitou polos dereitos dos nenos e das nenas...

E de agasallo, levamos uns lapis máxicos para debuxar todo o que queiramos...

Grazas profe Begoña!!!

 

UN SAMAÍN DE PELÍCULA (DE MEDO, CLARO!)

Chegado o remate do mes de outubro, no colexio comezamos a vivir moi intensamente o Samaín. As familias colaboraron coa decoración de máscaras de medo que estiveron expostas nos corredores, o alumnado afanouse en decorar as aulas e as zonas comúns, escoitamos contos de medo que collemos na Biblioteca, vimos curtas arrepiantes... e chegado o día 31... vestímonos de personaxes de películas de medo!!

A colaboración das familias foi, coma sempre, exemplar e grazas a elas este día todo saiu á perfección!! Moitas grazas!!

Imagen relacionada

Se queredes ver un pouquiño do que vivimos ese día, dádelle ao Play... Ollo, dá moito medo!!

 

MAGOSTO 2018

Cando o frío comeza... que mellor cousa podemos facer ca comer unhas castañas ben quentiñas???

Outro ano máis, tivemos a visita no noso colexio do Castañeiro Bieito! Ese día, fixemos coincidir o MAGOSTO coa celebración do Samaín e podemos dicir que, seguramente, Bieito nunca outros visitantes tan terroríficos tivo na súa vida!!

Ao rematar de comer castañas, o tempo acompañounos e puidemos bailar e gozar da actuación de "Os Viqueiras de Ordes". Aseguramos con rotundidade que non hai mellor maneira de amenizar unha festa tan galega como é o noso Magosto que co son destes instrumentos! Encantounos!!!

Premede nas imaxes para ver unha breve montaxe con fotografías do magosto e da actuación dos Viqueira de Ordes...

Imagen relacionada O MAGOSTO...  OS VIQUEIRAS...

 

 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O Samaín chegou á Casa de Botalerias...

Dende o Equipo da Biblioteca, quixemos colaborar na conmemoración do Samaín. Para elo, ambientamos o noso espazo con motivos terroríficos e fixemos unha recompilación de libros que temos a disposición de todo o profesorado e alumnado para consultar nestas datas... agardamos sexan do voso "desagrado" Guiño 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INAUGURACIÓN DO EMPRÉSTITO

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, decidimos comezar co empréstito nos recreos.

Está sendo un éxito total e para motivar ao alumnado a que visite a Casa de Botalerias levan de agasallo unha chapa de recordo! 

"LER PREXUDICA GRAVEMENTE A IGNORANCIA" non o esquezas!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2018

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro propúxose ao claustro a conmemoración das Letras Galegas cunha serie de actividades previstas para os días 14, 15 e 16 de maio. A aceptación foi unánime e todas e cada unha das actividades foi un éxito.

Toda esta labor, supuxo un gran esforzo para as titorías participantes pero tanto traballo tivo a súa recompensa. O alumnado desfrutou como poucas veces e as actividades foron un éxito!

O alumnado de Educación Infantil fixo un colage cunha caricatura do rostro de María Victoria Moreno.

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria preparou os datos máis significativos da biografía da autora homenaxeada.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foi o encargado de mostrar a súa obra.

E este foi o resultado final:

 

Así mesmo, un grupo de mestres/as do centro, xunto co alumnado de 1º C de Educación Primaria, preparou unha adaptación da obra "A FESTA NO FAIADO" da autora homenaxeada e representouna para os/as compañeiros/as durante a hora de ler. Foi un éxito entre o público!!

 

 

E todo elo, dispoñendo da obra de María Victoria Moreno nun expositor da Biblioteca de Botalerias, creado para este fin polo Equipo de Biblioteca; e do que poder botar man en calquera momento.

MARÍA VICTORIA MORENO

 NAMORAD@S DA NOSA LINGUA!

 

 

RECORDOS DA I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO...

Unha vez rematada a I Feira do Libro Solidario e despois de ter analizado e avaliado o proceso e o resultado; chegou a hora de relaxarse e mostrarvos a través desta montaxe, as imaxes de como se desenvolveu e do gran éxito que tivo entre o noso alumnado.

Esperamos que desfrutedes vendo as imaxes, tanto coma nós mentres tivo lugar a feira!

Agradecemos especialmente a creación desta montaxe, á mestra Rocío, que tantas horas adicou ao procesamento das numerosas fotos dos 5 días de Feira!

 

OS MAIOS

 

Os nenos e nenas do CEIP ADR Casteao celebran os maios.

Preme na imaxe para ver a montaxe que fixemos.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS  POLA SÚA COLABORACIÓN.