Conmemoracións

DÍA O LIBRO. I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO

Dende o Equipo de Biblioteca Escolar "Botalerias", queremos dar conta de como transcorreu a I Feira do Libro Soliario que se celebrou no noso centro entre os días 23 e 27 de abril.

Comezaremos dicindo que foi todo un éxito, xa que participou toda a comunidade educativa e os obxectivos de fomentar a lectura e a solidaridade no alumnado foron máis que acadados.

Pasaron pola feira todas as clases do centro e o troco de libros por alimentos creou unha gran expectación e interese entre o alumnado, familias e persoal do centro tanto docente coma non docente.

A solidaridade de todos/as e cada un quedou patente se nos fixamos no dato de kilogramos totais de alimentos recadados... algo máis de 1500 kg!! Sen esquecernos dos produtos de hixiene que non foron contabilizados.

Os/as voluntarios/as da Cruz Vermella foron os nosos aliados ao vir cada día ao centro a recoller os kilos de produtos recadados e estar sempre á nosa disposición para o que precisaramos.

E, por suposto, non queremos deixar de dar as grazas ás familias, tanto pola doazón dos libros de segunda man que foron empregados para a feira, coma pola cantidade de alimentos e produtos de hixiene doados a través dos fillos e fillas ao longo desta semana.

De igual xeito, queremos tamén informar das canles de publicidade das que gozou esta actividade: a propia páxina web do centro, carteis publicitarios no colexio, o xornal Crónicas, o facebook do xornal Crónicas, o facebook do Concello de Ordes, unha entrevista para Radio Cope Santiago (minuto 30 do programa emitido o xoves 26 de abril) e por suposto o boca a boca de todos e todas as implicadas.

 

Agardamos que a Feira do Libro Solidario se repita de xeito anual e que se convirta nunha Gran Tradición do noso centro.

GRAZAS!

 

I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO (23-27 ABRIL)

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, TERÁ LUGAR NO CENTRO UNHA FEIRA DO LIBRO ENTRE OS DÍAS 23 E 27 DE ABRIL. A IDEA PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO, PERO CONTA COA COLABORACIÓN DE TODO O EQUIPO DOCENTE.

PRETENDEMOS QUE TEÑA CONTINUIDADE NO TEMPO, POLO QUE DECIDIMOS CHAMALA:

"I FEIRA DO LIBRO SOLIDARIO"

DECIDIUSE QUE FOSE UNHA FEIRA CON CARÁCTER SOLIDARIO XA DENDE O COMEZO, POSTO QUE OS LIBROS QUE SE VENDEN FORON DOADOS POLAS FAMILIAS DO ALUMANDO E POLO PROFESORADO. IGUALMENTE, APROVEITOUSE UN ESPURGO DE OBRAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA COMPLEMENTAR OS EXEMPLARES QUE ESTÁN Á VENDA NA FEIRA.

E O CARÁCTER SOLIDARIO CONTINÚA POLO FEITO DE QUE PARA ADQUIRIR UN LIBRO, O ALUMNADO DEBERÁ "PAGAR" CON ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, QUE SERÁN XESTIONADOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E TERÁN COMO DESTINATARIAS AS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS DO POBO.

DE XEITO PARALELO Á PROPIA FEIRA, QUIXEMOS COLABORAR NESTAS MESMAS DATAS, RECOLLENDO PRODUTOS DE HIXIENE QUE TAMÉN DISTRIBUIRÁN E XESTIONARÁN DENDE O CONCELLO. (Na nota enviada aos fogares, podedes ver con máis detalle toda a organización da actividade).

Logotipo gañador: Iván Pérez García 5ºA de E.P.

SEN DÚBIDA, ESTÁ A SER UNHA ACTIVIDADE COMPLEXA QUE IMPLICA Á TOTALIDADE DA COMUNIDADE EDUCATIVA E QUE TERÁ UNHA DURACIÓN MÁIS PROLONGADA DO QUE É HABITUAL PARA UNHA CONMEMORACIÓN.

AGARDAMOS, POLO TANTO, QUE TODO ESTE TRABALLO SEXA UN ÉXITO NA PROMOCIÓN E FOMENTO DA LECTURA ENTRE O ALUMANDO ASÍ COMO NA CONCIENCIACIÓN DO IMPORTANTE QUE É AXUDAR AOS QUE MÁIS O NECESITAN.

GRAZAS DE ANTEMÁN A TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN ELAS ESTA ACTIVIDADE NON SERÍA POSIBLE.

 

DÍA INTERNACIONAL DA ACTIVIDADE FÍSICA 2018

O día 6 de abril, conmemórase o Día Internacional da Actividade Física.

"SE ACTIV@ TODOS OS DÍAS"

E no noso centro, durante a semana do 9 ao 13 de abril, levaranse a cabo diferentes actividades das que vos iremos dando conta en vindeiras publicacións nesta web.

O peso desta actividade recae no equipo de traballo da Biblioteca escolar "Botalerias" (tanto profesorado como alumnado voluntario), polo que todo o alumando e o profesorado dispón dunha gran seleción de obras relacionadas coa actividade física ao seu alcance nun expositor da biblioteca escolar.

 

 

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo, no noso centro, traballamos coa Prensa.

Decidimos crear unha zona nun dos corredores do centro na que poñer en común o que entre todos e todas se está traballando nas aulas.

Presidimos a exposición cun mapa no que están recollidos os principais xornais de cada unha das rexións e quedounos ben bonito!!

O "8 M" en 1º de Educación Primaria

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, as nenas e os nenos de 1º viviron un día moi especial!!

Desfrutaron da visita na aula de varias nais, que contaron cousas moi interesantes sobre os seus traballos e incluso puideron ver e tocar algúns dos instrumentos que empregan no seu día a día.

Moitas grazas a todas por transmitirnos esa paixón e entusiasmo pola vosa profesión!!

Premede na imaxe para ver máis fotografías desta actividade...

 

Queremos agradecerlle tamén ás familias a súa colaboración no mural de "Mulleres Traballadoras" e a súa axuda á hora de facer máis visible a labor das MULLERES.

 

MÁIS ENTROIDO 2018...

Desta volta, mostrámosvos imaxes dalgún dos momentos máis significativos do Entroido no noso centro...

Preme no meco para ver unha breve montaxe con imaxes da semana do entroido...

 

E a continuación podedes ver os desfiles que preparamos en base ao proxecto de centro deste curso 2017-18: A ARTE GALEGA.

 

DESFILE DE EDUCACIÓN INFANTIL Resultado de imagen de DIBUJO CINE

PINTORES E PINTORAS... (EDUCACIÓN INFANITL ESTÁ TRABALLANDO A PINTURA)

 

DESFILE DE EDUCACIÓN PRIMARIA Resultado de imagen de DIBUJO CINE

ESCRITORES E ESCRITORAS... (1º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A LITERATURA)

 

CINEASTAS... (2º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O CINE)

 

XOGRARES... (3º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO O TEATRO)

 

ESCULTORES E ESCULTORAS... (4º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ESCULTURA)

 

MÚSICOS E MÚSICAS... (5º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A MÚSICA)

 

ARQUITECTOS E ARQUITECTAS... (6º DE E.P. ESTÁ TRABALLANDO A ARQUITECTURA)

 

 

ENTROIDO 2018

COMEZA O ENTROIDO E AO LONGO DE TODA ESTA SEMANA, DEBEDES ESTAR ATENTOS ÁS CONSIGNAS DO MECO...

COMEZAMOS!!

"Comezamos o luns con festa rachada, terás que vir á escola coas unllas decoradas"

"Cando chegue o martes, busca unha peza que decore a túa cabeza"

"O entroido está tolo, da cabeza aos pés; e mándanos vir o mércores con roupa ao revés".

"O xoves non teñas présa en saír da túa cama, porque á escola virás sen sacar o teu pixama"

 

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2018

Con este lipdub, ambientado co tema "No mundo" de Luar na Lubre, quixemos conmemorar no centro o Día da Paz.

Premede na imaxe para velo...

 

 

 

CHOCOLATADA E VISITA DAS SÚAS MAXESTADES...

E como o prometido é débeda, aquí mesmo podedes ver máis imaxes do Nadal no CEIP ADR Castelao de Ordes.

A VISITA DAS SS.MM. DE ORIENTE... CUN AGASALLO PARA AS AULAS...

 

A CHOCOLATADA A CARGO DO EQUIPO DE COCIÑA...

 

GRAZAS ÁS FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, EQUIPO NON DOCENTE E TODAS AS PERSOAS QUE DESINTERESADAMENTE FIXERON POSIBLE ESTE DÍA!!

 

NADAL 2017 EN IMAXES...

 

E CON TODO ISTO E MOITO MÁIS... AGARDAMOS QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS E DESFRUTEDES MOITO DESTES DÍAS DE DESCANSO!

En breve amosarémosvos imaxes da visita das Súas Maxestades e da chocolatada que puidemos saborear!!

Grazas á ANPA, ás familias que colaboraron, ao persoal de cociña e a Gonzalo por facer deste día un dos máis memorables para os cativos e cativas!!