Conmemoracións

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO) IV

GRAZAS Á PARTICIPACION DO NOSO CENTRO NO EVENTO "ROSALÍA VERSO A VERSO" RECIBIMOS UN PREMIO DE MANS DA MANCOMUNIDADE DE ORDES E DO CONCELLO.

A Mancomunidade de Ordes entrega o premio  'Rosalía verso a verso' ao CEIP Castelao

Premede na imaxe para coñecer un pouco máis deste premio tan merecido!!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO) III

PARA CONMEMORAR O "DÍA DE ROSALÍA", O ALUMNADO DE 4º DE E.I.B, 5º DE E.I.A E 5º DE E.I.B TRABALLOU ARREDOR DA OBRA "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES".

PARA VER O GRAN TRABALLO QUE FIXERON, PINCHADE NA IMAXE.

Resultado de imagen de rosalía de castro caricatura

 

DÍA DE ROSALÍA (24 DE FEBREIRO)

ESTAMOS TRABALLANDO PARA MOSTRARVOS OS TRABALLOS QUE FIXEMOS.

EN BREVE PODEREDES VELOS AQUÍ...

ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2017

  Este venres pasado estivemos de choqueirada no Castelao: cociñeir@s, peregrin@s, grafiteir@s,  greleir@s... Todos desfilaron polo pavillón enchendo de cores e bo rollo ese día tan especial. Dende aquí queremos agradecer a vosa colaboración para que os disfraces estiveran así de molóns:

 

 

 

ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2017

O ENTROIDO XA COMEZOU NO C.E.I.P. CASTELAO...

 

NO NOSO "MECO" VERÁS,

AS CONSIGNAS DESTE ANO...

FÍXATE BEN NO BONECO

E FAI CASO DO MANDADO.

 

LUNS:

O LUNS COMO EMPEZAMOS

ALGO POSTO NA CABEZA...

UN PANO BEN ATADIÑO

PARA EMPEZAR COA FESTA.

 

MARTES:

O MARTES SEGUES CO PANO

E ENGADES UN MANDILÓN

OU UN MANDIL BEN CHUSQUIÑO

PARA CONTINUAR CO FESTÓN.

 

MÉRCORES:

O MÉRCORES SEGUIRÁS VINDO

CO PANO E O MANDILÓN

E TRAERÁS UNHAS MEDIAS

POR RIBA DO PANTALÓN.

 

XOVES:

O XOVES REMATA O CONTO

CON PANO, MANDIL E MEDIAS

XUNTO CUNHAS ZAPATILLAS

DESAS QUE DÁ XENIO VELAS.

 

SE VES QUE PODE CHOVER

PODES POÑER BOTAS DE AUGA

NON SEXA QUE TANTA FESTA

TE LEVE ENFERMO PARA A CAMA.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2017

 

DENDE O CEIP CASTELAO QUEREMOS ENVIAR ENERXÍA POSITIVA A TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO MUNDO... PARA ELO FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NA QUE PARTICIPARON TODOS OS NENOS E AS NENAS DO CENTRO. NELA TRANSMITEN AS SÚAS MENSAXES DE PAZ E O QUE ENTENDEN POR "PAZ" CADA UN/UNHA DELES E DELAS.



 ... non hai camiño para a paz, a paz é o camiño...

 

 Tamén outros/as nenos/as se quixeron sumar dende diferentes áreas e con diferentes actividades... para celebrar este día.

Por exemplo os nenos e as nenas de 3 anos A prepararon unha exposición sobre Isabel Zendal... "Unha muller de paz"... dentro do proxecto "Un paseo por Ordes" no que estamos traballando en todo o colexio.

 

 

E os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria prepararon xunto coa súa mestra de Educación Física unha exposición polo día da Paz.

 

 

 

 

25-N . DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

    Este pasado venres 25 de novembro quixemos facer unha serie de  actos con todos os nenos e nenas do colexio para conciencialos sobre o tema da violencia de xénero. Dende aquí queremos enviar unha grande aperta a todas aquelas mulleres que a sufren, ou a sufriron nalgún momento,  dun xeito ou outro.

    Aquí vos deixamos unha pequena mostra...

 

SAMAÍN 2016

Pois xa rematou o Samaín no Castelao !

Este ano, dedicamos esta conmemoración aos medios de transporte máis empregados polas...       BRUXAS!!!

E , dende todos os recunchos da vila de Ordes, chegaron vasoiras de todas as cores e todos os estilos, como podedes observar nas fotos que vos publicamos aquí abaixo.

Só nos queda agradecer a todos e todas os que fixestes que o colexio quedara así de "embruxado" : nais, pais, avós e demais membros da familia.

Pois iso, moitas grazas !!!

 

 

 

 

      

 

 

 

SAMAÍN 2016

Plan Proxecta 2014-2015

Este ano, no CEIP Castelao,  estivemos traballando en dous proxectos moi interesantes dentro do Plan Proxecta:

"Aliménta-T ben": desenvolvido pola mestra de lingua inglesa e os alumnos e alumnas de Educación Infantil.

"O sabor da aventura está no mar" : feito polos alumnos e alumnas de primeiro ciclo ( primeiro e segundo nivel).

Os dous relacionados coa adquisición de hábitos relacionados coa alimentación. Máis en concreto, co peixe e a froita.

Veña, bótallede unha ollada !!!