Conmemoracións

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OS CATIVOS E CATIVAS DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO DE ORDES ESTÁN...

"UNID@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Traballamos o lazo malva (con mensaxes) como símbolo desta conmemoración, os/as máis cativos/as limos contos moi especiais, os maiores vimos curtametraxes que nos impactaron e concienciaron e, entre todos e todas, fixemos un mural no que plasmar a través de fotografías de grupo, as nosas mensaxes en contra da violencia de xénero.

Mirade algunhas fotografías desta intensa semana...

 

 

 

Este foi o resultado final...

  

 

Podedes ver algunhas das curtametraxes traballadas polo alumando de Educación Primaria...

Premede nos enlaces para velas...

 El sueño imposible                                            Igualdad de género                                  Superlola

 

E agora podedes visitar o enlace aos diferentes contos traballados polos máis pequenos e pequenas.

Premede nas imaxes de cada un deles para velos...

   Resultado de imagen de o libro dos porcos

 

DÍA INTERNACIONAL CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

 

MAGOSTO 2017

Un ano máis, no colexio celebramos o Magosto...

Foi un día no que os nenos e as nenas desfrutaron moito e o centro estivo cheo de actividades...

Todo o alumando puido saborear as deliciosas castañas do noso Castañeiro oficial.. Bieito... e mailo seu axudante!!

 

O alumnado converteuse en artista podendo colorear diferentes murais distribuídos polo centro con motivo desta conmemoración...

 

E os/as máis pequenos/as do cole asistiron a dúas representacións teatrais/musicais que os maiores prepararon con moito esforzo.

 Así de atento estaba o público...

E así de profesionais os actores e actrices...

 

 

Premede aquí para ver o vídeo de como o fixeron os do grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Alba...

E agora aquí para ver ao grupo de 3º de Educación Primaria da mestra Chus Pais...

 

Moitas grazas rapaces e rapazas por facelo tan ben e por facernos pasar un día divertidísimo!!

 

 

O SAMAÍN NO CEIP A.D.R. CASTELAO

 

Nos últimos días do mes de outubro, algo extraño pasou no noso colexio...

 

Nos corredores apareceron decoracións terroríficas...

 

Alguén estivo preparando cabazas e poñéndoas nos cruces dos corredores...

  

 Os nenos e as nenas convertéronse e meigas, cabazas, morcegos, esqueletes e todo tipo de seres horripilantes...

  

Houbo a quen se lle deu polos feitizos...

No patio, as mestras estiveron maquillando aos cativos/as con deseños arrepiantes...

Tamén puidemos ver festas nas que seres extraños comían e desfrutaban...

Os doces eran verdadeiramente arrepiantes...

 

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria decidiron facer unha exposición con vasoiras de meiga e de paso traballar un pouco a nosa lingua...

Preme na imaxe para ver o seu traballo...       Resultado de imagen de escoba de bruja

 

 

AH... CLARO!!!  COIDO QUE É O SAMAÍN!!! (Escoita a Uxía Lambona e a Banda Molona premendo no enlace)

 

 

ÉXITO ROTUNDO DO EMPRÉSTITO DE LIBROS DURANTE OS RECREOS

O empréstito durante os recreos non puido ir mellor!!

 

Desta volta encargámonos os mestres e as mestras de dar este servizo, pero pouco a pouco rapaces e rapazas voluntarios/as recibirán a formación necesaria e eles/as mesmos/as xestionarán esta actividade.

Non vos esquezades de que as portas da nosa Biblioteca estarán abertas durante o recreo!!

AGARDÁMOSVOS!!

 

24 de OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

O VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

NO NOSO CENTRO DECIDIMOS CELEBRALO REANUDANDO O PRÉSTAMO DE LIBROS PARA A CASA, DESPOIS DO GRAN ESFORZO QUE SUPUXO O TRASLADO DA UBICACIÓN DA BIBLIOTECA O CURSO PASADO.

 

 

DURANTE TODA ESTA SEMANA (POR QUENDAS) PASARÁ POLA BIBLIOTECA TODO ALUMNADO QUE ASÍ O DESEXE E COMEZARÁ O PRÉSTAMO DURANTE OS RECREOS.

ESTAMOS AGARDANDO QUE SEXA UN ÉXITO E QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN COLLER ALO MENOS UN LIBRO PARA GOZAR DA SÚA LECTURA NO FOGAR. ASÍ MESMO, PARA RECOÑECER DALGÚN XEITO AOS QUE SE ANIMEN, AGASALLARÉMOLOS CUN PEQUENO RECORDO DA BIBLIOTECA; OS MÁIS PEQUENOS LEVARÁN UNHA MOCHILA E OS MÁIORES UN MARCAPÁXINAS!!!


FINALMENTE, LEMBRAMOS AS NORMAS PARA FACER USO DESTE SERVIZO...

 

SE QUERES AVENTURAS, LÁNZATE Á LECTURA!!

 

 

 

LENDO POR ORDES... UNHA PRESENTACIÓN MOI ESPECIAL!

Preme na imaxe para ver as fotografías de "Lendo por Ordes" nun fermoso vídeo...

Grazas a todos e todas os que fixestes isto posible!!

 

MAIOS 2017

Un ano máís, conmemoramos Os Maios no centro; para lembar a festa coa que os nosos ancestros daban a benvida á primavera.

A colaboración e achegas das familias foron espectaculares e grazas a elas puidemos facer Maios tan vistosos coma este.

Encántanos esta actividade!

 

LETRAS GALEGAS 2017

 Neste ano 2017, o autor homenaxeado polas Letras Galegas foi Carlos Casares e no centro decidimos recordar a súa figura e obra elaborando unha liña do tempo, con parte da súa obra, entre todo o alumnado do cole.

 Nos distintos niveis traballánronse algunhas das súas obras infantís máis recoñecidas e posteriormente os distintos grupos fixeron Bandas Deseñadas desas obras.

"A galiña azul" (1968), "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" (1973), "O can Rin e o lobo Crispín" (1983), "Este é Toribio" (1991), "O Galo de Antioquía" (1992) e "Lolo anda en bicicleta" (1996).

 

 

Así de espectacular quedou o traballo!!

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO NO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

Con motivo da conmemoración do "Día do Libro", dende o Equipo de Biblioteca, preparamos unha exposición titulada "Lendo por Ordes" para a cal contamos coa colaboración das familias do alumnado, que aportaron fotografías dos cativos e das cativas lendo en lugares emblemáticos de Ordes; para así continuar dando forma ao Proxecto "Un paseo por Ordes" que estamos a desenvolver ao longo de todo o curso no colexio.

Preme na imaxe para ver unha presentación con todas as fotografías:

 

Así mesmo, quixemos facer tamén un pequeno apartado no que incluír obras sobre o noso concello e un libro recompilatorio das narracións orais que elaborou o alumnado de 6º curso de Educación Primaria con motivo da celebración do "Día da narración oral".

 

Dita obra, feita polo alumnado de 6º de E.P., irá acompañada das ilustracións feitas por eles/as mesmos/as coa axuda dunha ilustradora profesional do noso concello; Laura Romero, coa que traballará o alumnado de 6º nun obradoiro. De igual xeito, este apartado da exposición foi completado con ilustracións da vila de Ordes cedidas por Laura Romero ao noso centro.

Preme na fotografía para visitar a web de Laura Romero.

 

 

 

E como remate do gran traballo do alumnado e do profesorado en relación coa nosa vila, quixemos recoller de xeito rotatorio traballos elaborados polas diferentes titorías e familias en relación coa nosa vila (as parroquias, o Museo do Traxe, as nosas receitas, o Soldado Lois, etc) e presentalas na sección "Lemos sobre Ordes", que estará viva e cambiará de aquí ao remate do curso.

 

 

DÍA DA ÁRBORE

Resultado de imagen de día da árbore

Para conmemorar o día da árbore, o alumnado de 3 anos en colaboración con persoal do concello plantaron unha árbore no parque que hai detrás do Instituto Nº 1 de Ordes.

Todos e todas axudamos un pouquiño... e cada vez que vaiamos a ese parque lembrarémonos de que está aí grazas ao noso esforzo!!

 

FELIZ DÍA DA ÁRBORE A TODOS E A TODAS!!