DENDE O CEIP CASTELAO QUEREMOS ENVIAR ENERXÍA POSITIVA A TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO MUNDO... PARA ELO FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NA QUE PARTICIPARON TODOS OS NENOS E AS NENAS DO CENTRO. NELA TRANSMITEN AS SÚAS MENSAXES DE PAZ E O QUE ENTENDEN POR "PAZ" CADA UN/UNHA DELES E DELAS.
... non hai camiño para a paz, a paz é o camiño...
Tamén outros/as nenos/as se quixeron sumar dende diferentes áreas e con diferentes actividades... para celebrar este día.
Por exemplo os nenos e as nenas de 3 anos A prepararon unha exposición sobre Isabel Zendal... "Unha muller de paz"... dentro do proxecto "Un paseo por Ordes" no que estamos traballando en todo o colexio.
E os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria prepararon xunto coa súa mestra de Educación Física unha exposición polo día da Paz.