VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou, o 7 de xuño, o Museo de Meirande e á Illa de San Simón.

Ao chegar á illa, despois de explicarnos as normas, realizamos unha ruta por ela á vez que nos ían contando a súa historia.

Cando nos xuntamos todos os compañeiros xa estabamos listos para xantar e realizar xogos.

Que ben o pasamos!

 

CONTOS SONOROS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A área de Música colaborou co equipo de Biblioteca tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".

O alumnado de 6º de Educación Primaria construíu instrumentos musicais con materiais de refugallo:

Estes instrumentos tocáronos, xunto cos da aula, nos contos sonoros que inventaron en pequenos grupos:

   
   
   
   
   

CONTOS SONOROS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A área de Música colaborou, co equipo da Biblioteca, tendo en conta o seu lema "A Biblioteca escolar ten a palabra".

O alumnado de 5º de Educación Primaria inventou, en pequenos grupos, contos sonoros empregando os instrumentos musicais da aula.

O resultado foi magnífico!

Non dubidedes en escoitalos!

Só clicade nas imaxes:

ECOPERCUSIÓN

O mércores 1 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ampliar a súa formación musical a través dun taller ECO-PERCUSIÓN, tocando diferentes ritmos empregando instrumentos de ecopercusión.

Foi impartido polo percusionista Didier Díaz, mestre cubano.

Foi unha actividade moi divertida e participativa no que o alumnado fixo polirítmia con instrumentos de ecopercusión.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron:

 

 

GRAZAS MESTRE DIDIER, ATA A PRÓXIMA! 

Revista Breogán 2022

Aquí temos unha nova entrega da nosa revista Breogán!! Aquí poderás ver todo o seu contido.

 

 

 

FEIRA ABELEIRA DE EXPERIMENTOS 2022

Este curso retomamos a Feira Abeleira de experimentos como en anos anteriores pero, ao estar aínda vixente o protocolo COVID no centro, non vai ser de xeito presencial senon a través de vídeos montados cos experimentos realizados.

A idea inicial era que fose na primeira semana de maio, coincidindo coa presencia no centro do equipo de Ciencia en Movemento pero, por cuestións organizativas non deu tempo a ter todos os vídeos preparados. Deixaremos a criterio de cada clase-titoría o visionado dos vídeos cando o considere oportuno.

O equipo de Ciencia en Movemento, como en anos anteriores, trouxo ao centro a experiencia do Museo Científico para o alumnado de 4º de primaria e do Obradoiro Kids para o de 6º de infantil.

Na táboa que segue poderedes ver os vídeos correspondentes aos experimentos realizados polo alumnado dos cursos 4ºB de EI, 2ºA, 3ºB e 5ºB (que son as titorías dos membros do equipo de Laboratorio do centro).

EXPERIMENTOS FEIRA ABELEIRA 2022

CURSO

TÍTULO

ENDEREZO YOU TUBE

4ºB EI

Colores

https://drive.google.com/file/d/1PJNKbUbHRnwLeVx00s85Dvh-H4sUADQ-/view?usp=sharing

 

Hielo

https://drive.google.com/file/d/1mRpX8_AzSpLrHtUZAlNDzb-ZW-hUHlLu/view?usp=sharing

 

Leche

https://drive.google.com/file/d/1tJXQvAN-bnY1xcqsz8DyyuFoD9qHluut/view?usp=sharing

 

Maicena

https://drive.google.com/file/d/1p2zdXBMrhP45G6586y-MLQgnnRxDk_hz/view?usp=sharing

 

2ºA EP

Filtracion

https://youtu.be/DEr3WmFklDY

 

Decantación

https://youtu.be/hWYJVeQmJws

 

Separación de mesturas

https://youtu.be/m9nd8smLf8M

 

Separación de mesturas 2

https://www.youtube.com/watch?v=5uKlAihV_yY

 

3ºB EP

A forza do aire

https://youtu.be/SUUeTTE6fDQ

 

A presión do aire

https://youtu.be/PJTMNP1BA4Q

 

Compresión do aire

https://youtu.be/EG58N_hcT1w

 

Formación do vento

https://youtu.be/SapUNIDTUT4

 

Osíxeno e lume

https://youtu.be/02KwDifJiSc

 

Palliña clavada

https://youtu.be/QAjol2BLAOY

 

5ºB EP

Fabrica a túa momia

https://youtu.be/xFxZf3VFmD4

 

Vasos comunicantes

https://youtu.be/4DB7tkhP3s0

 

Facemos un volcán

https://youtu.be/x5nt8jYrc90

 

A refracción da luz

https://youtu.be/NRpXSJ_aHW4

 

BOLSAS PARA ALUMNADO DE NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

 

 

A CONVOCATORIA 2022 - 2023 PUBLICOUSE O 18 de MAIO de 2022.

PRAZO DE PRESENTACIÓN - DESDE O 19 de MAIO ATA O 30 de SETEMBRO de 2022, PERO NON O DEIXES PARA ESE DÍA, PORQUE TES QUE PRESENTALO NO CENTRO CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO, ASINADO E CUBERTO POLO GABINETE PEDAGÓXICO ANTES DESA DATA

 

 

BENEFICIARIOS:

AS AXUDAS PARA O CURSO 2022-2023 SON PARA PERSOAS QUE TEÑAN UNHA NECESIDADE ESPECÍFICA DERIVADA DE:

 
DISCAPACIDADE
 
TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA OU DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE

TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

ALTAS CAPACIDADES
 
 
 
TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
 
 
 

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio é o Día da familia, e no co!e de Balaidos fixemos un pequeno documental para conmemoralo. Esperamos que vos guste moito!!!

 

ADAPTACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

Facemos pública a adaptación da concreción curricular a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 

 

https://drive.google.com/file/d/1CS_mMFINwZPyPxOoVs8BOHVO9xal9Xsk/view?u...

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria visitaron o Acuario do Museo do Mar, onde puideron comprobar como sería un mar limpo, sen contaminar.

Despois visitaron un "mar de plástico" e axudaron a pescar todo o lixo posible. Desta maneira tomaron conciencia do importante que é ter o mar limpo, non contaminar, reciclar e disminuir o uso de plástico.

Aquí deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos!!

  

Distribuir contido

Back to top