Laboratorio

FEIRA ABELEIRA DE EXPERIMENTOS 2022

Este curso retomamos a Feira Abeleira de experimentos como en anos anteriores pero, ao estar aínda vixente o protocolo COVID no centro, non vai ser de xeito presencial senon a través de vídeos montados cos experimentos realizados.

A idea inicial era que fose na primeira semana de maio, coincidindo coa presencia no centro do equipo de Ciencia en Movemento pero, por cuestións organizativas non deu tempo a ter todos os vídeos preparados. Deixaremos a criterio de cada clase-titoría o visionado dos vídeos cando o considere oportuno.

O equipo de Ciencia en Movemento, como en anos anteriores, trouxo ao centro a experiencia do Museo Científico para o alumnado de 4º de primaria e do Obradoiro Kids para o de 6º de infantil.

Na táboa que segue poderedes ver os vídeos correspondentes aos experimentos realizados polo alumnado dos cursos 4ºB de EI, 2ºA, 3ºB e 5ºB (que son as titorías dos membros do equipo de Laboratorio do centro).

EXPERIMENTOS FEIRA ABELEIRA 2022

CURSO

TÍTULO

ENDEREZO YOU TUBE

4ºB EI

Colores

https://drive.google.com/file/d/1PJNKbUbHRnwLeVx00s85Dvh-H4sUADQ-/view?usp=sharing

 

Hielo

https://drive.google.com/file/d/1mRpX8_AzSpLrHtUZAlNDzb-ZW-hUHlLu/view?usp=sharing

 

Leche

https://drive.google.com/file/d/1tJXQvAN-bnY1xcqsz8DyyuFoD9qHluut/view?usp=sharing

 

Maicena

https://drive.google.com/file/d/1p2zdXBMrhP45G6586y-MLQgnnRxDk_hz/view?usp=sharing

 

2ºA EP

Filtracion

https://youtu.be/DEr3WmFklDY

 

Decantación

https://youtu.be/hWYJVeQmJws

 

Separación de mesturas

https://youtu.be/m9nd8smLf8M

 

Separación de mesturas 2

https://www.youtube.com/watch?v=5uKlAihV_yY

 

3ºB EP

A forza do aire

https://youtu.be/SUUeTTE6fDQ

 

A presión do aire

https://youtu.be/PJTMNP1BA4Q

 

Compresión do aire

https://youtu.be/EG58N_hcT1w

 

Formación do vento

https://youtu.be/SapUNIDTUT4

 

Osíxeno e lume

https://youtu.be/02KwDifJiSc

 

Palliña clavada

https://youtu.be/QAjol2BLAOY

 

5ºB EP

Fabrica a túa momia

https://youtu.be/xFxZf3VFmD4

 

Vasos comunicantes

https://youtu.be/4DB7tkhP3s0

 

Facemos un volcán

https://youtu.be/x5nt8jYrc90

 

A refracción da luz

https://youtu.be/NRpXSJ_aHW4

 

DECÁLOGO PARA UN NADAL SOSTIBLE.

                                                                                DECÁLOGO PARA UN NADAL SOSTIBLE

2ª FEIRA ABELEIRA DE EXPERIMENTOS

Durante unha semana, do 3 ao 10 de xuño, todo o alumnado da escola disfrutou da 2ªfeira “ ABELEIRA “de experimentos do CEIP BALAÍDOS.

Con experimentos elaborados e deseñados  por cinco aulas da escola, todos eles relacionados co mundo vexetal, o resto do alumnado comprobou e experimentou dende o transporte do alimento polo talo das plantas, a respiración, a ósmosis, a reacción de lentellas ante o dióxido de carbono, a maxia das cores da lombarda ante ácidos e bases, ata o poder das patacas para transportar electricidade e a súa aplicación práctica cun aparello no ordenador (makeymakey).

 

 

DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO

O 21 de marzo conmemórase o Día da árbore, unha data para concienzar á xente sobre a necesidade de protexer as superficies arborizadas. Unha xornada dedicada a plantar árbores en diferentes lugares, para frear os efectos do cambio climático e a tala indiscriminada...

O alumnado do centro realizamos unha actividade conxunta de plantación no monte de Chandebrito coa colaboración do Presidente e voluntarios da Comunidade de Montes de Chandebrito, os días 21 e 22 de marzo.

Disfrutamos dunha xornada de convivencia, onde o traballo en equipo e a ilusión non faltou!!

 

As imaxes recollidas na actividade falan por sí mesmas!!

 

Dende o colexio queremos mostrar o noso agradecemento a Comunidade de Montes de Chandebrito pola súa amabilidade e atención!

O CEIP BALAÍDOS LOITA POLO CLIMA

O venres 15 de marzo unímonos ao movemento Xuventude polo clima, comezado pola activista sueca de 15 anos Greta Thunberg.

Mozos e mozas de máis de 100 países movilízanse para facer fronte ao cambio climático. Queremos deixar a nosa pequena colaboración a esta causa para que os nenos e nenas de hoxe, adultos nun próximo futuro, expresen a necesidade de que a sociedade se convenza da importancia de actuar contra o cambio climático como emerxencia ambiental e disfrutar dun planeta en condicións.

 

 

O COLEXIO BALAIDOS APOIA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS e de #desperdiciocero

TODO O ALUMNADO DO COLEXIO BALAIDOS

VAI LEVAR ÁS CASAS UNHA BOLSIÑA DO BANCO DE ALIMENTOS.

SE QUEREDES COLABORAR LEDE ESTA INFORMACIÓN:

 

A FUNDACIÓN PROVINCIAL DO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

distribúe nos centros educativos da cidade e provincia, trípticos informativos que teñen como obxectivo

EVITAR O DESPILFARRO.

Nel indícanse ESTRATEXIAS para non tirar alimentos.

Tamén a diferenza que existe entre DATA DE CADUCIDADE e DATA DE CONSUMO PREFERENTE.

O COLEXIO BALAÍDOS COLABORA UNHA VEZ MÁIS CO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

DISTRIBUINDO ESTA INFORMACIÓN.

 

PILABOT, RECICLA CON ENERXÍA!

O noso centro participa no Concurso Pilabot que promove a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec.

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores... Pilabot ten que cumprir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.

Colocarase no centro un contedor para depositar as pilas de forma colectiva. O alumnado levarán unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, levarán as pilas ata o centro e as depositarán no contedor.

 

 

A RECICLAR!

 

Ciencia en movimiento, museo itinerante no CEIP Balaídos

Un ano máis o museo científico itinerante, “ CIENCIA EN MOVIMIENTO” estivo no laboratorio da escola.

O alumnado de 4º,5º e 5anos infantil, tivo a oportunidade de explorar e coñecer experimentos científicos.

Ciencia En Movimiento é unha  iniciativa que pretende promover a cultura científica e acercar a Ciencia ós xóvenes a través de actividades divulgativas

XOGANDO aprendemos a separar o lixo para despois reciclar.

 

XOGANDO a reciclar no patio coas PATRULLAS verdes de limpeza.

Distribuir contido

Back to top