Laboratorio

FEIRA DE EXPERIMENTOS ABELEIRA

 

Fotos  I FEIRA ABELEIRA.

PREME NO ENLACE, IMOS AGREGANDO FOTOS DÍA A DÍA.

https://drive.google.com/open?id=1-2MR16ScUquraqJjsWA-_VL1XAlydCie

1ºFEIRA DE EXPERIMENTOS ABELEIRA

Este  luns dimos comezo  á 1º feira de experimentos ABELEIRA, con seis EXPERIMENTOS relacionados co mundo do cine, seis experimentos para aprender e construir, seis experimentos realizados polas compañeiras /os de infantil 4 , 1º, 2º, 4º, e 5º cursos, para compartir...

1º Taumatropo

2º Zootropo

3º Tinta invisible

4º Moco noxento

5º Neve caseira

6º Maquillaxe terrorífico

A feira desenvolverase ó longo da semana, para que todo o alumnado do centro poida participar, curiosear, e divertirse.

 

I Feira de experimentos Abeleira.

A semana do 5 ao 9 de marzo no laboratorio do noso centro terá lugar a I Feira de experimentos Abeleira onde todo o alumnado do centro poderá realizar experiencias científicas relacionadas co mundo do cine.

A historia do noso poliño...

 

 

 

 

PROXECTO DA CÉLULA Ó POLIÑO

E DESPOIS DE 21 DÍAS NACEU... TODO O ALUMNADO DO COLE ESTA A PASAR POLO LABORATORIO PARA COÑECER A ESTE NOVO HABITANTE DO NOSO CENTRO.

 

 

Horto hidropónico

 Ceip BALAÍDOS ESTREA...             

 

Este ano estreamos un horto novo, moi peculiar...

Traballaremos cun horto  HIDROPÓNICO!!!

Con este sistema en kit,  crearemos o noso pequeno cultivo na escola. Crearemos un horto urbano no interior do centro sen necesidade de terra.

Que é a hidroponía ou agricultura hidropónica?

É un método empregado para cultivar plantas usando disolución minerais, en vez de solo agrícola.

Función de teatro centífica do CSIC.

Hoxe tivemos no centro unha función de teatro de divulgación científica, na que escenificaron de xeito moi ameno e divertido a función que levan a cabo os científicos e científicas.

Podedes ver máis fotos aquí.

Experimentamos con microspios!

O equipo de laboratorio preparou unha serie de experiencias  no laboratorio con microscopios. Durante o mes de xuño os alumnos e alumnas poderán examinar grans de polen, antenas de insectos, patas de moscas, placton... con distintos microscopios e distintas lentes de aumento.

Experimentamos co son.

Estes días temos no laboratorio a exposición de experiencias relacionadas co son.  

Exposición de animais de Outono.

No corredor da entrada principal do cole está aloxada a exposición de animais feitos con materiais propios do outono promovida polo equipo do laboratorio do centro. Poderedes atopar todo tipo de animais e construccións feitas con folllas, polas, froitos... que amosan a gran imaxinación que teñen os nosos alumnos e alumnas e as súas familias. Non deixedes de visitala!!

Vermicompostaxe

                      

A Asociación Ambiental Bidueiro, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, presenta no noso centro a campaña "Xogamos a compostar".

                     

Cando viñeron polo cole:

  •  seleccionaron o lugar máis adecuado e montaron o vermicomposteiro;
  • entregáronnos as miñocas;
  • entregaron material didáctico para os profes;
  • estiveron cos nenos e nenas de 3º explicándolles e dándolles consellos para principiantes en vermicompostaxe. 
Distribuir contido

Back to top