O CEIP BALAÍDOS LOITA POLO CLIMA

O venres 15 de marzo unímonos ao movemento Xuventude polo clima, comezado pola activista sueca de 15 anos Greta Thunberg.

Mozos e mozas de máis de 100 países movilízanse para facer fronte ao cambio climático. Queremos deixar a nosa pequena colaboración a esta causa para que os nenos e nenas de hoxe, adultos nun próximo futuro, expresen a necesidade de que a sociedade se convenza da importancia de actuar contra o cambio climático como emerxencia ambiental e disfrutar dun planeta en condicións.

 

 

Back to top