PILABOT, RECICLA CON ENERXÍA!

O noso centro participa no Concurso Pilabot que promove a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec.

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores... Pilabot ten que cumprir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.

Colocarase no centro un contedor para depositar as pilas de forma colectiva. O alumnado levarán unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, levarán as pilas ata o centro e as depositarán no contedor.

 

 

A RECICLAR!

 

Back to top