Actividadede atletismo dos alumnos de 4º e 5º de primaria.

O alumnado de 4º e 5º de primaria, realizaron unha saída atlética, organizada dende a área de Educación Física. Foron convidados polo Clube Celta de Atletismo e no Estadio de Balaídos (de Atletismo) vivenciaron probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso, proba de velocidade e unha de resistencia (400 metros, unha volta completa á pista, que fixo suar a todos e todas).

 
Podedes descargar as fotos premendo aquí.

A actividade de reciclaxe é noticia!

Onte levouse a cabo unha actividade sobre a reciclaxe á que asistíu o alcalde da nosa cidade e hoxe os medios de comunicación fixéronse eo da noticia:

Faro de Vigo.

Atlántico Diario

 

Xornal Vigo.org.

 

Actividade de reciclaxe.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria puideron disfrutar dunha actividade organizada polo concello, Contenur e FCC. Esta actividade estaba enfocada a concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de reciclar os envases. Para esta actividade trouxeron un camión e todos os alumnos/as recibiron un comic, unha camiseta e unha taza. Ademáis, contamos cunha visita moi especial: Abel Caballero, o alcalde de Vigo! Que pasou un rato moi divertido cos nenos e nenas.

 

Exhibición de trompo.

Hoxe tivemos unha exhibición de trompo no recreo onde todos os alumnos de primaria puideron gozar dos malabarismos que se poden facer con este xogo tradicional.



Exposición Ano Internacional das legumes.

O equipo do laboratorio organizou unha exposición de diferentes obras artísticas creadas por alumnos e alumnas con motivo do ano internacional das legumes. Está situada no corredor primaria. Non dudedes en visitala!

 

 

Actuación de Mamá Cabra no teatro A Fundación.

Hoxe todos os alumnos de Educación Infantil puideron disfrutar no teatro A Fundación do espectáculo 15 anos de música de Mamá Cabra, onde todos os nosos alumnos puideron disfrutar de todos os éxitos deste grupo de folk galego para nenos e nenas.

 

Enquisa do Plan Lingüístico do centro.

Durante os próximos 15 días se poderá cumprimentar o seguinte formulario para valorar o uso da lingua galega no centro co fin de obter información para planificar e mellorar o plan lingüístico do centro de cara ao ano que ven.

Hai dous formularios, un destinado ás familias e outro destinado aos alumnos de 5º e 6º:

- Enquisa para as familias de Educación Infantil e ata 4º de Educación Primaria.

- Enquisa para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Día do libro 2016.

Como xa é tradición no centro, con motivo do día do libro realizouse a actividade de: padriños lectores. Alumnos e alumnas maiores viñeron a contar un conto a alumnos máis pequenos, e éstes a cambio regaláronlle un marca páxinas para agradecerlles que lles lesen o conto.

Obradoiro de primeiros auxilios en 5º de E. Infantil.

Os alumnos das dúas clases de 4 anos recibiron unha clase práctica sobre primeiros auxilios e como actúar cando un adulto necesita asistencia médica.

Menú de alta cociña no comedor.

Hoxe os nenos e nenas que van a comedor puideron disfrutar dun menú moi especial elaborado polos cociñeiros Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras, pertencentes ao Grupo Nove.

O menú consistíu nun crema suave de espárragos trigueiros cons lascas de queixo do país de primeiro, e un xamonciño de polo en salsa de mazá con arroz, uvas pasas e espinacas de segundo. Delicioso, verdade?

Distribuir contido

Back to top