O EQUIPO DE BALONCESTO FEMININO "CELTA-ZORKA" VISÍTANOS!
O Celta-Zorka Baloncesto Feminino compartiu co alumnado de 2º de Primaria unha sesión de clase. Tras a presentación das xogadoras, fixemos actividades de bote e lanzamento a canastra. Xogamos un parrtido contra elas e.... GAÑÁMOSLLES!
Para rematar a actividade, sortearon agasallos e déronnos entradas para o partido deste sábado. E sacamos fotos con elas. Podedes velas neste enlace: IMAXES VISITA EQUIPO BALONCESTO
A súa visita foi un bonito agasallo de Nadal. Grazas por vir!!
Fixemos este video (ten unha errata: é o equipo Celta-Zorka, non forka!).
O ALUMNADO DE SEXTO GOZA DO RUGBY
Aquí vos deixamos as IMAXES DO ALUMNADO DE SEXTO INICIÁNDOSE AO RUGBY da man de DIEGO DOLAN, monitor da Federación Galega de Rugby. Os nenos e nenas vivenciaron nocións de regulamento básico (pases de balón, placaxes, capacidade de reacción, e un partidiño...)
O carteiro de Correos visita Infantil!
Onte Gonzalo, o carteiro xefe da oficina de correos de Balaídos visitou o edificio de infantil para recoller as postais que mandamos por correo como cada ano. Trouxo un caixón de correos moi bonito cos tres Reis Magos debuxados. Esperamos que as familias lles gusten as postais que fixemos!!
Podedes ver as fotos de cada clase nos distintos blogues de aula.
Obradoiro de primeros auxilios.
Os alumnos/as do 5º de E. primaria realizaron onte un obradoiro de primeiros auxilios onde recibiron nocións básicas de como actúar frente a unha situación de atragantamento ou dunha parada cardíaca. Todos/as estiveron moi atentos e foron conscientes da importancia de saber actuar nunha situación así.
Xa chega o Nadal!
Xa non queda nada para que chegue o Nadal! No noso centro xa se empezan a escoitar panxoliñas e cada día está máis e máis decorado. As portas das aulas tranformáronse en árbores, agasallos, monecos de neve... Os corredores están decorados con imaxes de personaxes propias desta festa de distintas partes do mundo, así como unha chea de receitas para facer deliciosas sobremesas.
Ao longo dos días intercambiaremos postais, cantaremos polas aulas e faremos o festival.
O equipo Yidam - Ceip Balaídos consegue grandes éxitos deportivos!
O equipo de taekwondo acróbatico que adestra no noso centro e no que participan moitos dos nosos alumnos e alumnas segue colleitando unha grande cantidade de títulos dende fai máis de 10 anos. Fai pouco proclamouse:
-Tricampeon de España de Exhibicion Infantil
- Campeon de España de freeestyle en quinteto -17
-Campeon de España de freestyle parejas +18
-Campeon de España de freestyle por equipos
Dámoslle a nosa noraboa polo premio e polo recoñecemento ao seu esforzo, e grazas por levar o nome do cole por toda España! Podedes coñecer máis sobre eles no seu perfil de facebook ou lendo esta noticia do Faro de Vigo.
13º TORNEO DE HOQUEI ADAPTADO _NADAL 2016
Posted Decembro 11th, 2016 by RafaramosUn novo Nadal xogaremos o Torneo de Hoquei Adaptado. Un xogo que foi medrando e en continuos cambios. Onde se aceptan as propostas para consensuar o regulamento. Nesta primeira semana e durante os recreos, desenvolveranse as eliminatorias de 3º-4º e 5º-6º. As finais realizarémolas no ultimo día de trimestre: o 21, mércores.
Este ano montamos un video promocional en FLASH. O reto maniquí dos xogadores e xogadoras!!! Agardamos que vos guste.
BOAS FESTAS!!!!
Árbitros de Vigo na escola.
Os árbitros de Vigo: Sofía Gándara e David Pérez, xunto co delegado da Federación de Árbitros de Vigo Jorge Cendón, estiveron no colexio ensinando ao alumnado de sexto curso, falarónnos da importancia do respecto e do autocontrol no campo de xogo, e da necesidade de asumir as regras do xogo, para facer un deporte dun xeito respectuoso e divertido.
ÁRBITROS DE VIGO EN CEIP BALAÍDOS from Ceip Balaídos on Vimeo.
Adeus Casilda e Hermenexilda!!
Esta semana as castañas Casilda e Hermenexilda, que compartiron con todos nós a celebración do Samagostín, despedíronse para voltar a súa árbore.
De recordo deixáronnos, en cada aula, un diploma pola boa participación nos xogos celebrados e momentos especiais que queremos compartir con todos!!!
ATA O VINDEIRO ANO!!!!
Podedes ver as fotos aquí
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »