CURSO 5ºA 5ºB
Primeiros pasiños!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 18/11/2024 - 23:20Neste curso académico participamos no proxecto “Rapazas Emprendedoras nas TIC”. No primeiro trimestre realizamos diferentes procuras de información na Rede e biblioteca do centro sobre unha ou varias mulleres que fixeron ou fan grandes aportacións á sociedade.
Os murais xunto as maquetas, son os primeiros pasos para a elaboración dos produtos finais para a feira de ciencias.
Actividades e saídas
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 18/11/2024 - 23:01
O cálculo matemático é sempre unha garantía para o noso día a día. Posibilita calcular prezos, repartos e mesmo fomenta a axilidade mental. En quinto traballamos co método “El Quinzet”, un método antigo pero efectivo e amplamente estudado para mellorar a rapidez no cálculo mental.
No cole tivemos á TVG para entrevistar ao alumnado sobre os bancos da amizade.
Unha iniciativa ben interesante para combater á soidade e previr o acoso.
O alumnado de quinto realizou a visita anual ao Festival Internacional de Curtas.
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 09:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
O tempo en Bueu!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 17/06/2024 - 23:54Todos sabemos que a chuvia é auga que cae das nubes en forma de pingas, mais o que non todos sabemos, é que na nosa lingua temos 100 palabras para designar a choiva.
Isto vai depender de se falamos de chuvia feble (barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca...), chuvia forte (chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra...) ou de termos relacionados coa chuvia que representan momentos; como sucede cando remata de chover (amizar, delampar, escambrar, escampar,...).
Sóache "chove a cairos"? É cando se produce un chuvasco intermitente e adóitase utilizar moito no Morrazo!
Nestas fotos podedes observar ao alumnado de 6º recollendo os datos da caseta meteorolóxica e anotándoos para pasalos despois ao mural de Meteoescolas do Bibliocastelo.
Hologramas!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 27/05/2024 - 16:58Coñecemos os hologramas. Unha experiencia sinxela pero interesante!
Matemáticas e Minecraft!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Sáb, 04/05/2024 - 11:51A gamificación na educación sempre é unha oportunidade interesante de aprendizaxe. O alumnado de sexto traballou o perímetro, a superficie, o volume e os ángulos de unha maneira diferente.
COÑECENDO O NOSO CORPO
Enviado por Rosa Maria Gonzalez o Lun, 29/04/2024 - 22:55COÑECENDO O NOSO CORPO
EASTER
Enviado por Rosa Maria Gonzalez o Ven, 29/03/2024 - 20:51
Un bo motivo para celebrar a Pascua e a chegada da primaveira
con estes OVOS FLORAIS