CURSO 5ºA 5ºB
EXCURSIÓN GALIPARK
Enviado por Anónimo o Dom, 18/06/2023 - 15:49O pasado 5 de xuño, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Padrón para gozar dunha divertida xornada no Parque Multiaventura Galipark.
Visualizade o vídeo e comprobaredes o ben que o pasamos!!!
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Enviado por Anónimo o Dom, 18/06/2023 - 14:17O pasado 23 de maio, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.
Comezamos o día cunha visita moi especial, a MeteoGalicia, onde aprendemos moitas cousas sobre meteoroloxía e aparatos meteorolóxicos. Tamén puidemos ver un vídeo do lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado da atmosfera. Ademais, visitamos a sala de Predición Operativa, onde nos explicaron as ideas básicas da predición meteorolóxica e onde tivemos a gran sorte de escoitar en directo a predición do tempo para unha cadea de radio.
Continuamos a nosa excursión cunha visita ao Museo da Historia Natural, onde fixemos un percorrido polas salas expositivas con explicacións dun guía especializado.
Para finalizar o día, visitamos a fermosa Praza do Obradoiro, onde puidemos ver a Catedral de Santiago de Compostela.
Sen dúbida, foi un día moi completo e pasámolo xenial!!
OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS
Enviado por Anónimo o Xov, 01/06/2023 - 16:17O alumnado de 5º de primaria tivemos a sorte de contar coa visita de varios compoñentes da Asociación de Alfombristas de Bueu.
Coas súas explicacións, fomos capaces de elaborar dúas fermosas alfombras florais coa temática de Picasso.
Mirade o ben que o fixemos!!
VISITA DA AUTORA ANDREA MACEIRAS
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 12:51O pasado xoves 25 de maio, tivemos a gran sorte de contar coa presenza da autora do libro “A folla azul”: ANDREA MACEIRAS.
Durante a sesión, puidemos gozar dun percorrido de tres días polo corazón da selva amazónica, poñendo a traballar a nosa imaxinación. Ademais, Andrea contestou a todas as nosas preguntas e asinou os nosos libros cunha fermosa dedicatoria.
Grazas, Andrea, por dedicarnos o teu tempo!!
CONECTA “UNIÓN EUROPEA”
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 11:48Como parte do proxecto anual do noso centro "Moito máis que xogo" e dentro do noso proxecto de ciencias, o alumnado de 5º elaboramos un conecta dos países da Unión Europea.
Foi un traballo moi laborioso, debido a gran cantidade de conexións que tivemos que facer pero, sen dúbida, valeu a pena o esforzo para poder gozar do resultado final.
FORMACIÓN RADIO
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 11:23No pasado mes de marzo, o alumnado de 5º de primaria, melloramos a nosa formación sobre radio con dúas charlas moi interesantes: Radio Voz e Formación en Radio Escolar.
ECOPERCUSIÓN
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 10:21O pasado martes 28 de febreiro, o alumnado de 5º de primaria gozou dun interesante obradoiro de ECOPERCUSIÓN impartido polo músico Didier Díaz.
Nesta actividade, o alumnado aprendeu a técnica de agarre das baquetas e o seu golpeo, así como a execución colectiva de ritmos divididos en diferentes planos sonoros.
Sen dúbida, foi una mañá diferente e moi divertida!!
ENTROIDO 2023
Enviado por Marina Lorenzo o Sáb, 18/02/2023 - 00:00Este ano, polo Entroido, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrazámonos de personaxes do Videoxogo "Mario Kart". Cun pouco de imaxinación e cun montón de caixas de cartón fixemos uns Karts rapidísimos e moi chulos para despois pasear ata o cole de Infantil, onde tivemos o festival de entroido con todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe A Pedra.
A continuación deixamos o vídeo que resume este día.
Ata a próxima!
DÍA DA PAZ 2023
Enviado por Marina Lorenzo o Xov, 02/02/2023 - 18:30POR FIN CHEGOU O NADAL!!
Enviado por Anónimo o Dom, 15/01/2023 - 22:09- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »