CURSO 5ºA 5ºB
ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Enviado por Marina Lorenzo o Sáb, 14/01/2023 - 11:12O día 24 de outubro festexamos, coma todos os anos, o aniversario da mascota da nosa Biblioteca escolar, PAPIRUS. Aproveitamos este día no que se celebra o "día das bibliotecas escolares".
Cada un de nós elaborou un marcapáxinas personalizado co noso nome e coas decoracións que máis nos gustaban.
LEMA DE NADAL
Enviado por Marina Lorenzo o Ven, 23/12/2022 - 00:00Este ano, o lema de Nadal do CEIP A Pedra foi: "O Nadal de A Pedra xoga e medra."
No lema de Nadal participan nenas e nenos de todo o cole e, este ano, o escollido é dunha das nosas compañeiras de 5º. Por isto, queremos felicitar a Emma por un lema tan axeitado e bonito. Noraboa!
XA TEMOS OS PRIMEIR@S GAÑADORES!!!
Enviado por Anónimo o Xov, 22/12/2022 - 16:30Despois dun fantástico traballo intelectual, intentando resolver cada semana os complicados RETOS MATEMÁTICOS... por fin chegou o momento de coñecer aos primeir@s gañadores!
Moitísimas grazas a tod@s os participantes e, xa sabedes, a continuar dándolle ao coco!!
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Anónimo o Mar, 20/12/2022 - 22:09O pasado luns 19 de decembro, tivemos a gran sorte de ter unha interesante charla sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Ao longo da sesión, fixemos un pequeno e fermoso percorrido a través delas, gozando dos seus ecosistemas e dándonos conta do importante que é a súa conservación .
Ademais, tamén puidemos resolver as nosas dúbidas e, como non, divertirnos e aprender a través dun xogo.
Clicade na foto para ver o vídeo.
GUÍAS DE LECTURA 2022 - 2023
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/12/2022 - 20:08Premendo na seguinte imaxe, poderedes acceder a GUÍA DE LECTURAS PARA PRIMARIA.
Premendo nesta outra imaxe, poderedes acceder ao CARTEL DAS GUÍAS DE LECTURA.
GRAN PRIX FINANCIEIRO: XOGAMOS A SER MAIORES?
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/12/2022 - 19:16O pasado venres 16 de decembro, o alumnado de 5º gozou dunha divertida actividade "Gran Prix Financieiro: Xogamos a ser maiores?"
Durante o obradoiro todos aprendemos que o diñeiro non aparece por arte de maxia e démonos conta da importancia do aforro. Ademais ensináronnos a xestionar mellor o diñeiro, dun modo moi dinámico, a través das distintas fases do xogo.
Todos puidemos gozar dunha mañá diferente e moi divertida!
PROGRAMA "COMUNIDADES EN LIÑA"
Enviado por Anónimo o Mér, 30/11/2022 - 20:33Durante este mes de novembro e ao longo de 4 sesións, o alumnado de 5º tivo o privilexio de contar coa presenza de Estefanía, profesional do Equipo de Prevención da Asociación Érguete, que levou a cabo un programa sobre o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías.
O obxectivo destas charlas é proporcionarlles aos nenos/as estratexias e ferramentas útiles para axudar a previr e actuar ante os principais riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías.
SEN DÚBIDA, FOI UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE E CONSTRUCTIVA!!
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Enviado por Anónimo o Mar, 29/11/2022 - 18:36Este ano o alumnado de 5º, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, elaboramos un mural cooperativo coas nosas peticións para acabar coa violencia de xénero.
Ademais diso, tamén gozamos dunha actividade ofertada polo CIM. Para iso, contamos coa presenza da actriz Uxía Morán, que nos deleitou cuns divertidos contos sobre roles de xénero: A PRINCESA REBELDE e MARUXA.
A través deles, e cunha magnífica interpretación, Uxía ensinounos a importancia da repartición de tarefas no fogar entre todos os membros da familia.
Grazas Uxía por facernos pasar un bo rato aprendendo!!
DÍA DAS ESCRITORAS 2022
Enviado por Marina Lorenzo o Lun, 28/11/2022 - 18:08O luns máis próximo ao 15 de outubro celébrase todos os anos o DÍA DAS ESCRITORAS. As nenas e nenos de 5º de Educación Primaria celebramos este día facendo unha busca do tesouro na Biblioteca do cole.
En grupos de 4 ou 5 recibimos seis pistas que tiñamos que seguir para atopar anacos dun puzzle que estaban escondidos por toda a biblioteca. Unha vez con todas as pezas tiñamos que armar o crebacabezas e descubrir unha imaxe e, con esta imaxe, tiñamos que buscar, na estantería dos libros desta conmemoración, o libro do que estaba sacada.
Os libros eran todos de escritoras e ilustradoras e, con esta búsqueda, puidemos coñecelas un pouco máis.
Aquí vos deixamos un vídeo con fotos da actividade. Clicade na imaxe para acceder ao vídeo.
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA: EXPOÑEMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS SOBRE OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR
Enviado por Anónimo o Lun, 28/11/2022 - 00:00Para finalizar o proxecto sobre O UNIVERSO, o alumnado de 5º realizou un laborioso traballo de investigación, en equipos cooperativos, sobre OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR.
NORABOA NENOS/AS, FIXÉCHEDES UN MAGNÍFICO TRABALLO!!
Aquí vos deixamos unha mostra das súas exposicións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »