CURSO 5ºA 5ºB
ENTREVISTA A LUCÍA NOVAS
Enviado por Anónimo o Xov, 19/05/2022 - 23:00Dous días seguidos tendo na nosa axenda a persoas ilustres da nosa contorna, que pasaron deixando a súa pegada polo noso cole. No día de hoxe tivemos a gran oportunidade de contar coa presencia de Lucía Novas, antiga alumna, actualmente docente e escritora.
Fixémoslle unha entrevista, na que descubrimos cousas moi interesantes sobre ela, sobre a súa faceta de poeta, e tamén da súa época escolar, na que foi estimulada nese amor ás letras, ás escritura.
Podes escoitar a nosa entrevista no seguinte enlace:
https://go.ivoox.com/rf/87930579
VISITA AO INSTITUTO
Enviado por Anónimo o Xov, 19/05/2022 - 23:00Dentro das xornadas de tránsito ao instituto, o IES Johan Carballeira convidounos a coñecer o seu centro.
Foi unha xornada moi interesante, na que fixemos un percorrido polo insti; un obradoiro de baile galego; unha visita á bliblioteca e rematamos cun gran agasallo: a representación dunha obra de teatro moi entretida.
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Enviado por Anónimo o Mér, 18/05/2022 - 23:00Co galo do 50 aniversario do cole, non puidemos deixar de pasar a ocasión de convidar a un gran invitado, que deixou un ronsel moi importante na Pedra: Arturo Sánchez Cidrás, antigo mestre do cole e escritor.
Foi unha gozada escoitalo, pasáronnos os minutos como se fosen segundos, e puidemos aprender del moitísimas cousas de como era a escola noutros tempos. Que datos máis curiosos compartiu con nós.
Ao rematar, fixémoslle unha entrevista na radio, que non vos podedes perder:
https://www.ivoox.com/entrevista-a-arturo-sanchez-cidras-audios-mp3_rf_87927144_1.html
A VOLTAS CO TEATRO
Enviado por Anónimo o Ven, 13/05/2022 - 23:00Moita creatividade e gran talento.
Neste tema, onde estamos a traballar o xénero teatral, puxémonos a crear unhas pequenas obras dramáticas. Foi divertido escribilas e moito máis representalas.
VISITA AO MUSEO MASSÓ
Enviado por Anónimo o Sáb, 23/04/2022 - 23:00O alumnado de sexto visitamos o museo Massó.
Aínda que xa o viramos moitas outras veces, nesta ocasión, aproveitando para facer un obradoiro chamado “Mensaxe nunha botella”, onde continuamos a labor de sensibilización co coidado e conservación dos océanos, que xa estabamos a traballar coa nosa participación no festival “Art for change”.
Foi unha xornada moi divertida.
ENQUISAS
Enviado por Anónimo o Ven, 08/04/2022 - 11:18Estas últimas semanas o alumnado de sexto está a traballar “a enquisa” .
Seguindo as fases de elaboración, primeiro centrándonosen elixir os temas, neste caso, vinculados cos proxectos do cole (a meteoroloxía, a alimentación e a escola de hai 50 anos).
A continuación, elaboramos as enquisas para posteriormente facer o noso traballo de campo no centro da vila.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que compartimos moitas e divertidas experiencias cos veciños de Bueu.
PILABOT
Enviado por Anónimo o Xov, 31/03/2022 - 23:00Comprometidos co coidado do noso planeta, o noso centro participou no concurso “PILABOT”, colaborando na campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Canto nos gusta poñer o noso gran de area!
ARTE QUE NOS "REMOVE" E FAI PENSAR...
Enviado por Anónimo o Dom, 20/03/2022 - 00:00O pasado día 18 de marzo o alumnado de sexto de primaria acudiu á Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa para visitar a éxposición "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", contando coa explicación do artista, Ramiro Agulla.
Foi unha experiencia que non só nos achegou á escultura e ao arte, senón a todo un mundo de sensacións.
ARTE QUE NOS "REMOVE" E FAI PENSAR...
Enviado por Anónimo o Dom, 20/03/2022 - 00:00O pasado día 18 de marzo o alumnado de sexto de primaria acudiu á Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa para visitar a éxposición "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", contando coa explicación do artista, Ramiro Agulla.
Foi unha experiencia que non só nos achegou á escultura e ao arte, senón a todo un mundo de sensacións.
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Enviado por Anónimo o Ven, 18/03/2022 - 00:00Nesta celebración do 50 aniversario do cole, estamos a convidar a persoas da nosa comunidade educativa para que compartan as súas experiencias do seu paso por esta escola. Nesta ocasión contamos con Martín Calviño, que nos falou dos cambios que se produciron no ensino nestas últimas décadas e compartiu con nós os seus recordos escolares, mesmo ensinándonos boletíns de notas, libros, diplomas...
Sen dúbida, foi unha visita moi especial!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »