CURSO 5ºA 5ºB

SONS TECNOLÓXICOS

Á volta das vacacións do entroido, para seguir ao ritmo da música, tiñamos preparada un obradoiro moi entretido da man de “Ecopercussion”. Este ano, da man das novas tecnoloxías, como se de DJ profesionais se tratase, os alumnos/as de sexto aprenderon a superpoñer pistas de sons electrónicos e crear misturas. Unha experiencia moi motivadora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO

Chegou o entroido no cole da Pedra.

Gozamos dun día de festa moi especial, onde puidemos xuntarnos todos no patio e ver os desfiles dos diferentes cursos, ben introducidos e guiados no acto polo alumnado de 6ºB,  que preparou uns versos moi simpáticos para amenizar a nosa entroidada.

Rematamos danzando e cantando todos xuntos "O son de Bueu".

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Na data de nacemento da nosa Rosalía, o 23 de febreiro, festexámola a ela e o seu legado na nosa cultura e literatura.

Como coincidiu coa semana do entroido, este día viñemos cunha vestimenda moi “rosaliana”, elexindo algúns dos seus versos que máis nos gustan e chegan á alma.

 

 

ASOCIACIÓN NÓS MESMAS

Da man da asociación “Nós mesmas”, tivemos unha charla formativa sobre diversidade afectivo-sexual. Nela aprendemos cousas moi interesantes e achegámonos á perspectiva de xénero, reflexionando sobre os nosos compromisos para construír unha sociedade na que todxs teñamos cabida.

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN EN TIC

Da man da asociación Alicce ( Formación para a mellora das relacións humanas), a rapazada de sexto de primaria asistiu a dúas sesións de formación no uso responsable e prevención de conflictos en internet e redes sociais.

Un tema moi actual e necesario para eles, especialmente na etapa na que se atopan. 

Resultoulles de gran axuda e xurdiron preguntas e reflexións moi interesantes.

 

 

 

 

VISITA DO INSTITUTO

No plan de tránsito á ESO estamos a realizar diversas sesións de formación en torno á planificación escolar, hábitos de estudo, coñecemento do Instituto…

Nesta ocasión viñeron a directora  e vicedirectora do IES Johan Carballeira a falarnos sobre o noso futuro centro e o seu funcionamento.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O pasado venres festexamos o día da PAZ.

Este ano o alumnado de 6ºA tivemos a oportunidade de presentar este acto, no que cada aula leu o seu compromiso para crear un ambiente de máis concordia e convivencia no cole e xuntos cantamos co desexo dun mundo mellor.

Os maiores, festexando o 50 aniversario do cole, tamén quixemos deixar a nosa pegada, que enchen os nosos corredores lembrándonos os valores da paz que queremos vivir cada día na nosa escola.

 


 

 

 

APRENDENDO CO BANCO DA AMIZADE

Por fin chegou ao noso patio o esperado BANCO DA AMIZADE.

Os días previos, estivemos facendo diversas dinámicas na aula a fin de ter os ollos abertos e estar máis atentos aos compañeiros que están ao noso arredor, xa que a ninguén lle gusta sentirse só/a.

A través do xogo “Mundo de cores”, traballamos a importancia de ternos en conta uns aos outros, da inclusión e a empatía; e a partir de aí falamos longo e tendido da amizade.

Tamén fixemos otra actividade na cal expresamos en que momentos e situación nos sentimos “invisibles”.

 

 

 

 

 

 

 

BANCO DA AMIZADE

A próxima semana teremos entre nós o BANCO DA AMIZADE, unha oportunidade para tomar conciencia da importancia deste valor.

Os alumnos/as de sexto faremos algunhas dinámicas que nos axuden a traballar a convivencia, o respecto e todos aqueles aspectos que favorecen a Non Violencia e a Paz.

A VOLTAS COA COMPOSTAXE

Para ampliar os nosos coñecementos e empregar dun modo máis eficaz o noso composteiro, contamos coa colaboración de Antón, técnico do Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra.

Tivemos dúas sesións moi interesantes: unha para concienciarnos máis da necesidade de reducir, reciclar, reutilizar e compostar; e outra máis práctica na que observamos os “intrusos” que podemos atopar na compostaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido