CURSO 5ºA 5ºB
EXPLORANDO A NOSA CONTORNA
Enviado por Anónimo o Lun, 28/06/2021 - 11:35este ano tan atípico, non queriamos rematar o curso sen facer algunha pequena excursión.
Aproveitando que temos unha paraxe tan espectacular, fixemos unha fermosa ruta polos nosos montes ata chegar ao Liboreiro e coñecer alí, ao seu pé, os petróglifos das Abelairas.
Velaiquí algunhas fotos.
OS NOSOS PRIMEIROS PODCASTS
Enviado por Anónimo o Lun, 28/06/2021 - 10:27A pesar deste ano tan especial, puidemos levar a cabo o noso proxecto da RADIO ESCOLAR.
Por equipos, puxémonos mans á obra e pensamos en diferentes propostas, investigamos, elaboramos guións... E aquí tendes o resultado final desta emocionante experiencia na VOZ DA PEDRA.
CLICADE EN CADA UN DOS CURSOS PARA ESCOITARNOS.
CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, FINALISTA NO CONCURSO DA EDITORIAL COMBEL CO SEU DESEÑO DO EX LIBRIS DO Sr. FLAT !!
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 18/06/2021 - 19:14
HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN E
CATA É A PROTAGONISTA!!!
Hoxe estamos contetísimxs e queremos compartilo con vós! CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, quedou finalista nun concurso da Editorial Combel. O seu deseño foi un dos dez finalistas seleccionados entre varios miles de traballos presentados .
Hai algún tempo, a profe Silvia propúxonos que participásemos nun concurso organizado pola Editorial Combel en relación coa colección de libros de banda deseñada "AGUS Y LOS MONSTRUOS". Trátase dunha serie de libros que temos na nosa biblio e que nos gusta moito.
A tarefa consistía en deseñar o “ex libris” do Sr. FLAT, un dos personaxes da colección de AGUS Y LOS MONSTRUOS. Para levala a cabo tivemos toda a axuda da profe Silvia que nos aconsellou e orientou, ademais de encargarse de inscribirnos no concurso, enviar os noso traballos e manterse en contacto coa editorial. MOITAS GRAZAS, PROFE!!!!
Participaron moitísimos os centro de ensino de toda España. Non queremos equivocarnos, pero cremos que nos dixeron que presentaron os seus deseños algo así como uns 10000 alumnxs.
Esta mañá veu un representante da EDITORIAL COMBEL a facerlle entrega do agasallo en nome do xurado que escolleu o deseño do seu selo.
Aquí vos deixamos a imaxe do deseño de CATA e algunhas fotos da celebración.
MOITÍSMAS FELICIDADES, CATA!!!
ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE TI!!!
OS MAIOS
Enviado por Anónimo o Xov, 06/05/2021 - 16:37Este comezo de mes foi moi divertido, grazas ao festexo dos MAIOS.
Queremos recuperar a nosa tradición cultural e seguir dándolle voz á nosa lingua.
Velaiquí as nosas coplas.
23 DE MARZO - DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL
Enviado por Anónimo o Mér, 24/03/2021 - 00:37Hoxe celebramos o Día Meteorolóxico Mundial.
Para conmemoralo, o alumnado de quinto de primaria preparamos unha escolla das nosas fotografías e de refráns relacionados co tempo.
Premede nesta foto para ver o noso vídeo:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Anónimo o Mar, 09/03/2021 - 19:06Neste día tan sinalado, 24 de febreiro, non nos podemos esquecer da nosa Rosalía de Castro.
Festexamos a tan gran muller cos seus versos escritos nestas fermosas rosas.
CLICA NA IMAXE PARA VER O NOSO VIDEO
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Enviado por Anónimo o Mér, 24/02/2021 - 18:13
Co galo do 11 de febreiro, Día Internacional da
Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de quinto,
traballou en torno á diferentes mulleres científicas,
para coñecelas un pouco más.
Fixeron unha pequena investigación, tratando de
emparezar, a través dun xogo, a biografía e
fotografías.
Ademais, realizaron un escape room moi divertido
sobre o tema.
BO NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 22/12/2020 - 11:59O alumnado de quinto deséxavos un BO NADAL, no que renovemos momentos, reciclemos sorrisos e sigamos comprometidos coa mellora do noso mundo.
CREANDO
Enviado por Anónimo o Ven, 18/12/2020 - 00:11CULTIVANDO AS NOSAS PLANTAS
Enviado por Anónimo o Xov, 17/12/2020 - 17:19Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día que plantamos os nosos bulbos. Estamos desexosos/as de velos medrar:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »